A APCG inaugura a primeira edición dos Premios de Novo Circo Galego Manu Lago, uns premios que promocionan a calidade e o talento das artistas e compañías galegas de circo e que recoñecen o esforzo das súas profesionais.
Os Premios Manu Lago serven tamén para honrar a memoria dun dos artistas galegos que máis fixo pola consolidación Novo Circo no noso país, o pallaso e malabarista Manuel Lago García, falecido en 2018.
CATEGORÍAS:
Nesta primeira edición de 2024 recoñécense as tres seguintes categorías:
- Manu ao Mellor Espectáculo de Rúa:
Outorgado ao mellor espectáculo de novo circo de rúa.
FINALISTAS:
- HOXE SÍ, de Marta Sempre Arriba
- A VIDA TOLA, de Natalia Outeiro “Pajarito”
- CIRCANELO, de n+1 (Alfredo Pérez Muíño)
- Manu ao Mellor Espectáculo de Sala
Outorgado ao mellor espectáculo de novo circo de sala.
FINALISTAS:
- ORQUESTRA DE MALABARES, de Pista Catro
- SÓ, de Xampatito Pato (Xampi)
- SOLO, de Roi Borrallas
• Manu de Recoñecemento do Novo Circo Galego:
Outorgado a algunha artista, compañía, entidade ou persoa para recoñecer o seu labor na visibilización, promoción e difusión do NCG.
FINALISTAS:
- ASOCIACIÓN CIRCO NOVE
- PISTA CATRO SL
- ASOCIACIÓN MANICÓMICOS
GALARDÓNS
Os Manus son estatuíñas que lembran a figura do artista de circo Manuel Lago, realizadas pola artista plástica Raquel Germade, coas que serán premiados os tres gañadores de cada unha das categorías. Todas as finalistas recibirán un diploma acreditativo firmado pola directiva da APCG.
GALA CIRCO DE INVERNO
A entrega de premios realizarase nunha gala denominada Circo de Inverno, un evento no que se contratará a un equipo de dirección artística e de produción, así como a un elenco de artistas, para realizar un espectáculo creado especificamente para a ocasión e no que se fará entrega dos devanditos premios.
CANDO? >> Martes10 de decembro de 2024
ONDE? >> Teatro Principal de Santiago de Compostela.
Entrada gratuíta ata completar aforo.
A Asociación Profesional de Circo de Galicia é a asociación que representa ós profesionais do novo Circo galego. Nace no ano 2011 co obxectivo de xuntar o sector do circo na comunidade, proporcionando un organismo que axude na interlocución cos organismos públicos, que sirva para aglutinar a tódolos profesionais (creadores, artistas, xestores, produtores, distribuidores, programadores, públicos, alumnos, etc.) e darlle unha identidade propia ó sector do circo en Galicia recoñecendo e potenciando esta arte escénica coma chave para a cultura, coma arte singular e diversa e como un Ben de Interese Público presente na vida cultural, social educativa e económica en Galicia.