in

Inversa Teatro estrea no Culturgal a súa nova montaxe

SofiaInversa
Sofía e as Postsocráticas poderá verse nesta nova edición do Culturgal, o día 30 ás 21:30 no Pazo de Cultura de Pontevedra.

 

Sofía e as Postsocráticas é a nova montaxe da Cía , unha obra que versa sobre a violencia machista, afondando nas causas da estrutura do maltrato. A partir de tres personaxes en escena: Sócrates, Platón e Aristóteles (interpretados por Silvia Penas, Marta Pérez e María Roja respectivamente) tratarán, segundo afirman, “de buscar un novo logos, é dicir, un novo patrón interpretativo da realidade no que poder facer o cálculo do que é ou o que non é violencia machista. Xunto coas personaxes e mediante o emprego de máscaras, a dramaturxia conta tamén con elementos audiovisuais e sonoros que axudarán na reflexión de cal é a nosa responsabilidade como sociedade ante este tema. O pacto patriarcal, o silencio como resposta, o valor ontolóxico, o victim blaming (culpabilizar á vítima), a negación ou o síndrome espectador son os fíos argumentais polos que transitan estas personaxes”.

O elenco está conformado por Silvia Penas, María Roja e a propia Marta Pérez, quen tamén é a directora da Cía. Asina a axudantía de dirección Santi Romay e complétase o elenco cos escenógrafos Montse Piñeiro e Gonzalo Alonso, na videocreación, Jesús Andrés Tejada (CintaAdhesiva) no espazo sonoro e Ángel Sousa na Iluminación.

PUBLICIDADE

A montaxe continúa a liña de traballo desta compañía ao redor da filosofía e o feminismo; incorporando nesta ocasión no campo dramatúrxico a poesía, o emprego de máscaras, así como potentes elementos visuais e sonoron que pretenden xogar coa virtualidade e duplicidade de elementos escénicos; todo atravesado con un discurso filósofico que ás veces vai desde momentos máis cómicos aos máis tráxicos para falarnos dunha realidade cotiá: a violencia de xénero.

 

Estrea e próximas datas

PUBLICIDADE

Unha vez realicen a preestrea na Feira de Industrias Culturais (Culturgal), a Estrea realizarase no Auditorio Municipal de Vigo, o día 5 de decembro ás 20:00. Para a estrea, a entrada será libre e o acto está organizado pola Concelleira de Igualdade desta cidade. Despois destas datas, a Cía presentará Sofía e as Postsocráticas no Salón Teatro de Santiago de Compostela desde o día 11 de decembro ata o día 16, realizando un total de oito funcións; sendo catro matinais para centros de toda Galicia e catro para público xeral. En Santiago tamén realizarán funcións inclusivas grazas á colaboración de PREDIF Galicia (Plataforma Representativa Oficial de Persoas con Discapacidade Física de Galicia). Poderá verse polo tanto a obra con interprétes de linguaxe de signos sobre o escenarios, audioguías para persoas cegas e programas de lectura fácil.

 

Fábulas postsocráticas e so teatral ad hoc

Para esta nova montaxe, a compañía elaborou tanto unha forte campaña de comunicación chamada Fábulas Postsocráticas como a elaboración dun espectáculo ad hoc, a partir da obra maior, titulado Sofía. Ambas propostas con entidade propia.

As Fábulas Postsocráticas imitan ás famosas fábulas de Esopo: son pequenos contos que versan sobre a violencia machista con contido pedagóxico e unha moralexa. Realizáronse dezaseis pezas e dezaseis fotografías. Para cada peza/fotografía contan cunha actriz/actor de recoñecido prestixio en Galicia, que, ataviado cunha túnica grega sostiña a moralexa da fábula.

Por outra banda, Sofía, é un espectáculo unipersoal de Marta Pérez, próximo ao teatro-conferencia, realizado a partir da montaxe maior Sofía e as Postscocráticas. Trátase dunha acción escénica na que a actriz, no escenario e acompañada da súa propia máscara (Platón), fai unha reflexión en torno á necesidade de buscar un novo xeito de reflexionar ante a problemática da violencia machista. O espectáculo dunha duración de media hora ofrece unha panorámica ante o que sustenta a violencia de xénero: o silencio, a negación e o efecto espectador. Estreouse o pasado domingo 18 de novembro dentro do Festival Curtas Armadiñas en Poio, pasando tamén polo IES Politécnico de Vigo.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará

GIPHY App Key not set. Please check settings

    JesusRubioGamo

    Jesús Rubio Gamo no TRC Danza da Coruña

    ManuelLourenzoPorXulioGil

    Unha exposición fotográfica rende homenaxe aos pioneiros en Ourense