in

Unha exposición fotográfica rende homenaxe aos pioneiros en Ourense

ManuelLourenzoPorXulioGil |
Imaxe de Xulio Gil.

Preséntase como unha exposición de homenaxe aos actores e actrices de cine, pero calquera afeccionado ao teatro verá os rostros que desfilan polos escenarios galegos dende hai décadas. Hoxe, ás 20:00, inaugúrase no Centro Marcos Valcárcel de Ourense a exposición de retratos de Xulio Gil “O retrato maior do noso cine”, actrices e actores presentes a xeito dun gran mural que, como merecida homenaxe, se configura a partir de retratos individuais de trinta e tres homes e mulleres que, desde a lealdade crítica e analítica, se deben sen dúbida considerar como cardinais para historia contemporánea da arte interpretativa.

A exposición desenvólvese dentro das actividades do OUFF (Ourense International Film Festival) e os intérpretes foron escollidos por ter nacido antes de 1960, unha xeración que foi pioneira no desenvolvemento do teatro e do cine galegos.

Comisariada por Enrique Acuña, a exposición presenta estes retratos nun formato de 105 x 75 centímetros, buscando a referencia ao star system doutras cinematografías, cos protagonistas en plano americano e mirando directamente ao espectador.

Publicidade

O público poderá contemplar os retratos de Afonso Agra, Rosa Álvarez, Antonio Durán “Morris”, Mabel Rivera, Celso Parada, Rosa Álvarez, Cándido Pazó, Casilda Alfaro, Eduardo R. Cunha “Tatán”, Mela Casal, Carlos Blanco… e así ata trinta e tres nomes que enchen os escenarios e o celuloide do país.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

GIPHY App Key not set. Please check settings

    SofiaInversa |

    Inversa Teatro estrea no Culturgal a súa nova montaxe

    PazoMeiras |

    Unha gala satírica “conmemora” o aniversario da doazón do Pazo de Meirás a Franco