in

32 espectáculos nos XXIII Premios de Teatro María Casares

GalaMariaCasares |
A primeira rolda de votacións abriuse onte, martes 22 de xaneiro, a un censo de votantes conformado por máis de 450 profesionais do sector escénico. O proceso de votación rematará o 11 de febreiro e del sairán as candidaturas finalistas en cada unha das catorce categorías cos que contan os galardóns

 

Un total de 32 espectáculos e máis de 300 profesionais concorren aos XXIII Premios María Casares, galardóns de teatro organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) dende a súa creación en 1997. O proceso de inscrición, realizado integramente a través da web da AAAG, finalizou o pasado 7 de xaneiro As candidaturas divídense en catorce categorías: maquillaxe, vestiario, iluminación, escenografía, música orixinal, texto orixinal, adaptación-tradución, actor secundario, actriz secundaria, actor protagonista, actriz protagonista, dirección, espectáculo e espectáculo infantil.

A listaxe completa de espectáculos é:

  • #camiños, de ButacaZero
  • A leituga, de eme2 producións
  • A gata con zocos, de A Cova das Letras
  • A nena e o grilo máis aló, de Magín Blanco e Teatro Ghazafelhos
  • Aladino e a lámpada marabillosa, de Teatro Avento Producións
  • Anatomía dunha serea, de Iria Pinheiro
  • Arnoia, Arnoia. O circo da casa pequena, de Pistacatro Produtora de Soños
  • Casa O’Rei, de Ibuprofeno Teatro
  • Casquería, de Xerpo Cultural
  • Celebración, a gran noite, de Sarabela Teatro
  • Cinco minutos sen respirar, de Ítaca Teatro
  • Cinco mulleres que comen tortilla, de Señora Supina
  • Commedia, de Contraproducións
  • Contos do Recreo, de Redrum Teatro
  • Da Avaricia, a Luxuria e a Morte, de Teatro do Noroeste
  • Divinas Palabras Revolution, de Centro Dramático Galego
  • Dúas donas que bailan, de Teatro do Atlántico
  • Estás aí?, de Redrum Teatro
  • Garage, de Voadora
  • Invisibles, de Redrum Teatro
  • Loló e Mamá, de De Ste Xeito
  • Nimiedades, de Helen Bertels
  • Nómades, de Xarope Tulú
  • O Paroleiro, de Os contos de Pablísimo
  • O servidor de dous amos, de Talía Teatro
  • Orquestra de Malabares, de Pistacatro Produtora de Soños
  • Os Fabulosos Cleaners 2018, de Malasombra Producións
  • PATAPATÚM, de Elefante Elegante
  • Puño Puñete, de Baobab Teatro
  • Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos, de Matrioshka Teatro
  • Sofía e as Postsocráticas, de Inversa Teatro
  • Somos Criminais, de Undodez

Tras esta primeira fase de inscrición, a AAAG inicia a primeira rolda de votacións, aberta xa a un censo formado por máis de 450 profesionais do sector das artes escénicas. Dese xeito, ademais do colectivo de membros da AAAG, poderán votar responsables da xestión e programación cultural, xornalistas, críticos e finalistas en edicións anteriores.

Esta primeira rolda de votacións rematará o luns 11 de febreiro. Das súas votacións, sairán os espectáculos e profesionais finalistas en cada unha das catorce categorías, que se darán a coñecer a mediados de febreiro na xa tradicional Festa de Finalistas dos María Casares.

 


Publicidade

OS PREMIOS

Os Premios María Casares son os galardóns de carácter anual que distinguen as producións teatrais de intérprete en galego  estreadas durante o ano anterior á súa concesión e a calquera profesional que nelas participan. A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) promove estes galardóns que, dende o ano 1997, buscan recoñecer o traballo realizado polos diferentes oficios do sector na súa totalidade, dende a maquillaxes até vestiario, pasando por iluminación, música, dramaturxia, tradución, escenógrafía, dirección e o corpo interpretativo.

Deste xeito, os María Casares convértense dende a súa creación no gran escaparate do teatro feito en Galicia e visibiliza o labor desenvolvido por todos os seus traballadores.

Con eses obxectivos, os galardóns constan de catorce categorías diferentes que representan todas as facetas da produción escénica. Ademais, a AAAG entrega cada ano o Premio de Honra Marisa Soto, co que o sector agradece e recoñece a traxectoria de colectivos e persoas relevantes no desenvolvemento do sector teatral. A gala deste 2019 celebrarase o xoves 21 de marzo no Teatro Rosalía Castro da Coruña.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

noroeste30anos |

Proxección de ’30 anos actuando’, o documental sobre Teatro do Noroeste, en Compostela

Doppelganger02 |

Berrobambán estrea ‘Doppelgänger’