in

XV edición do Festival Isto Ferve no Teatro Ensalle de Vigo

UnaVezMasWerner |
A XV edición de Isto ferve celebrarase dende o 8 ata o 24 de febreiro. | Foto: Jesús Cabrera |

 

Con criterios de selección moi semellantes aos do menú habitual da sala, e co obxectivo de reactivar a programación nos primeiros meses do ano,o Festival de Teatro e Danza Isto Ferve, organizado polo Teatro Ensalle de Vigo, mestura no seu programa compañías novas e veteranas, mais sempre cunha linguaxe innovadora. O calendario de Isto Ferve compóñeno obras que os programadores da sala seleccionan co obxectivo de sorprenderse a si mesmos, de aí que a expectativa do público “ferva” ante a incerteza.

Este ano, a XV edición do festival trae o seguinte programa:

Publicidade

 

Bonneville de Miguel A. Altet (8 e 9 de febreiro ás 22:00 e 10 de febreiro ás 21:00)

Como sobrevivir á catástrofe? Hai acontecementos nunha vida que desembocan en algo moi parecido a unha catástrofe. Apenas hai cicatrices ou marcas visibles, pero hai órganos gravemente danados. Que pouco queda do home! Nese estado, un desexaría abandonar o xogo. Renunciar, claudicar, tirar a toalla. Quedar en pelota viva. Mais acabas desenvolvendo estratexias, a costa de mexar viño de mesa e tentear, tenteala coma un naipelo. Deixar este mundo, sen pausa, sen présas, co rabo entre as pernas. Castigarse con medida, apodrecer con prudencia… a explosión controlada.

Texto, dirección e interpretación: Miguel Ángel Altet
Dirección artística: María Velasco González
Deseño de iluminación: Antoine Forgeron

 

¡Ay, ya! de Macarena Recuerda Sheperd (15 e 16 de febreiro ás 22:00 e 17 de febreiro ás 21:00)

¡Ay, ya! é unha ilusión que nos leva a percibir a realidade de maneiras diferentes suxeridas pola imaxinación ou provocadas polo engano do sentido da vista. Un efecto que mostra que os nosos ollos non son cámaras de vídeo que rexistran todo o que sucede, senón que o noso cerebro interpreta e reeelabora a información que nos proporcionan os nosos sentidos.

¡Ay, ya! é un exercicio sobre a mirada. Esa ilusión que se produce cando a imaxe que temos ante nós se transforma noutra, cando se multiplica ou toma formas imposibles. Corpos con varias extremidades, incompletos, transformables e moldeables. Unha peza de danza performativa deseñada para todos os públicos, e por que non!

Idea: Macarena Recuerda Shepherd.
Interpretación: Idurre Azkue e Macarena Recuerda.
Creación: Idurre Azkue, Alberto de la Hoz, Macarena Recuerda Shepherd e a colaboración de Sofía Asencio.
Banda sonora: Alberto de la Hoz.
Vestiario: H-intercalada.
Iluminación: Conrado Parodi.
Ilustración: Josunene.
Unha produción do Antic Teatre

Publicidade

 

Una vez más de Compañía Nómada e Provisional Danza (23 de febreiro ás 22:00 e 24 de febreiro ás 21:00)

As consecuencias dunha unión sempre son un enigma, pero adoitan levarnos a unha doce repetición de actos e acenos, de complicidade e desexos.
Hai veces que un home decide e a muller acata, as menos veces diría eu, é aquí onde aparece a manipulación e onde o resultado dunha convivencia é, máis unha vez, pracenteira.

Intérpretes: Carmen Werner e Roberto Torres
Dirección artística: Carmen Werner
Edición Musical: Carmen Werner
Espacio Escénico: Carmen Werner
Coreografías: Carmen Werner e Roberto Torres
Deseño de iluminación: Alfredo Díez Umpiérrez
Gravación: Yudi Acosta
Coprodución: Provisional Danza, Compañía Nómada e Teatro Victoria

Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Um ponto que dança © Joana Linda |

Comeza a primeira rolda do GUIdance de Guimarães

CARTEL XXIIIFrag |

David Rubín asina o cartel dos XXIII Premios de Teatro María Casares