in

Mónica Valenciano presenta a súa última obra no Teatro Ensalle de Vigo

MonicaValencianoImprenta |

Dentro da súa programación de marzo, os días 9 (22:00) e 10 (21:00) en Teatro Ensalle continúan as presentacións de Imprenta Acústica en (14 borrones de una) APARICIÓN, a última obra de Mónica Valenciano.

Premio Nacional de Danza 2012 poucos nomes soan con tanta forza no mundo da danza como o de Valenciano. Formada en danza clásica, contemporánea e teatro no Institut do Teatre de Barcelona e na Resad de Madrid, Mónica Valenciano é unha figura significativa da danza contemporánea do estado español. Valenciano comezou a crear a súa traxectoria a finais dos anos 80, cando o seu nome aparecía no panorama dancístico do país, xunto co de coreógrafas como Ana Buitrago, Olga Mesa, La Ribot…

A creación da súa compañía El Bailadero en 1997 debuxou un marcado trazo na súa carreira creativa que divide en dous a obra de Mónica Valenciano. Foi á fronte desta formación cando comezou a creadora coa súa serie coreográfica Disparates. Pequenos crebacabezas creativos construídos a través do instintivo, o íntimo e o inmediato, onde a linguaxe e o seu uso a través do espazo e o tempo cobran gran protagonismo. As súas obras presentáronse en festivais nacionais e internacionais de artes escénicas contemporáneas e ten publicados varios libros de poesía e debuxos.

Na súa viaxe transitou por diferentes estacións, que deron lugar a pezas, entre outras: a serie dos Disparates (inspirada nos grabados de Goya); Un Pescador con subtítulosImpregnaciones en La Srta. Nieve y Guitarra e Borrado En-Canto; traballos en vídeo: Danza de Ezpada en colaboración con Pedro G. Romero; C.A.D.U.D. en colaboración con Javier Corcovado; traballos en proceso: o documental La voz del cuerpo, con Marta Blanco; He venido a leer la noche, con Manuel Fernández-Valdés; Imprenta Acústica (producida por Naves Matadero e L’Animal a L’esquena); Mnemosina, en colaboración con Patricia Caballero. Valenciano continúa coa súa liña de investigación en colaboración con El Bailadero, así como a través de obradoiros e laboratorios.


Publicidade

Sobre a súa danza, a creadora sinala “bailo… como quen escava no corpo, desobstaculizando, abrindo novos circuitos posibles que me permitan acceder á súa voz… a voz do corpo agochado no corpo que baila, móvome ao encontro das súas posibilidades acústicas, a través da respiración do movemento, o corpo despregable, polifónico, dilatando o contacto entre a pel e o espazo, asisto ao descubrimento de texturas, tonalidades, calidades… que emerxen nun proceso de revelado dende a práctica cotiá ao acontecer na escoita do corpo, como instrumento musical, ou… lugar de resonancias.

Ficha artística

Dramaturxia e interpretación: Mónica Valencianno (e Raquel Sánchez).
Axudante de dirección: R. Sánchez.
Asistente de dirección e produción executiva: Jorge Rúa.
Deseño de iluminación: Cristina Libertad Bolívar.
Música: Anton Webern.
Audiovisual: Marta Blanco.
Oficina: Norma Kraydeberg.
Asesoramento e documentación: Cristina Carroquino.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

GalaMariaCasares |

Carlos Sante e Juanillo Esteban dirixirán a gala dos Premios María Casares

ASSITEJ2019b |

Mensaxes do Día Mundial do Teatro para a Infancia e a Mocidade 2019