in

Píscore estrea ‘Concerto con Fusión’

ConcertoConFusion |
O sábado 4 de maio, Píscore estrea o seu novo espectáculo, Concerto con Fusión, dentro do programa da Mostra de teatro Universitario de Ourense, MITEU. A estrea na MITEU virá precedida dunha preestrea, o 1 de maio, no Centro Cultural Patelas de Cuntis.

 

Tras máis de cen exitosas funcións por todo o Estado co Concerto Singular (e Plural) -Premio do Público Festiclown 2018 e Espectáculo mellor valorado en Domingos do Principal 2018–, chega Concerto Con Fusión, unha proposta de Píscore e Culturactiva S. Coop. Galega.

Catro prestixiosos músicos e unha marimba volven a atoparse no escenario (con)fusionando música, teatro, humor, comedia xestual, clown e participación do público. Fran Rei volve a dirixir aos catro actores/músicos que forman a compañía que definen como “musicomedia” nun espectáculo familiar e recomendado para nenos a partir de catro anos.


Publicidade

Concerto con Fusión incorpora diversos matices musicais, cunha vocación popular e con cabida para diferentes ritmos: música latina, rock & roll, reggae, pop ou música disco. Catro músicos, descoñecidos, de estilos moi diferentes, chegan ao escenario cos seus instrumentos. O descubrimento dunha marimba e de todas as súas posibilidades fai que, o que podería ser un desastre, se converta nun divertido exercicio de virtuosismo, cooperación e fusión musical.

Entre partituras, atrís e baquetas, os catro protagonistas van descubrindo, pouco a pouco, tema a tema, que teñen un pasado en común e unha incrible querenza por facer músicas (con)fusionando estilos.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

lugomaxico19 |

XVI Semana Internacional Lugo Máxico

SoproTiagoRodrigues |

Dúas obras de Tiago Rodrigues en Guimarães