in ,

Manuel Vieites, premio Mácara na XX Mostra de Teatro Amador de Palas de Rei

Manuel Vieites
A nova edición da Mostra de Teatro Amador de Palas de Rei comezará o 27 de agosto e rematará o 7 de setembro. Participarán nove grupos de Galicia e un de Pozuelo de Alarcón. Nesta edición, entregaráselle o XIX Premio Mácara Manuel Vieites. | Foto: Aisge |

 

Todas as funcións serán ás 21:00 na Casa de Cultura de Palas de Rei, agás as funcións que se presentarán en Santo Xusto o sábado, 31 de agosto, que será ás 17:30; a do venres, 6 de setembro, de CAXOTO (Felipe Díaz) que será ás 20:00 e que se escenificará na aldea de Albá e o propio espectáculo Son d’ aldea”, que se realizará nas aldeas de Albá, Santo Xusto, Vilafofe e Pambre o sábado 7, de setembro, desde as 9::30 da mañá ata as 14:00.

O sábado, 6 de setembro, durante a xornada de SON D’ALDEA, entregarase o XIV Premio Careón á escritora Ana Pillado Vega en recoñecemento polo seu labor como escritora e dinamizadora da cultura galega e o XIX Premio Mácara a Manuel Vieites pola súa traxectoria profesional como escritor e o seu apoio ao teatro. O sábado, 31 de setembro, ás 21:00 , na Casa de Cultura de Palas, entregarase o II Premio “Garabato” á conservación do Patrimonio en Homenaxe a Gabriel Barreiro Toural, dotado con 1000 euros e plica a unha entidade que se distingue pola súa labor de defensa do patrimonio cultural do rural.

O sábado, 7 de setembro, nas aldeas de Albá, Santo Xusto, Vilafofe e Pambre celebrarase a XIX edición de SON D’ ALDEA, actividade protagonizada polos veciños e polas veciñas das aldeas do Concello. Trátase dun evento dinamizador da cultura rural que procura amosala, proxectala e dignificala.

 


Publicidade

Manuel Vieites, que recibe o Prémio Mácara deste ano, desenvolve un enorme labor como animador teatral, actor, director e estudoso da dramática galega. Entre os seus logros, figura o Taller de Teatro da Escola Popular de Corcubión, a Aula de Teatro da Escola de Profesorado da EXB de Pontevedra (1986-1989), ser o director e mais un dos fundadores dos grupos de teatro infantil Katakrok e Kalandraka, dirixir dous espectáculos (en 1985 e 1986) coa compañía Teatro de Ningures, formar parte dos Consellos de Redacción da Revista Galega de Teatro e da revista ADE-Teatro, dirixir as publicacións Ensaio e o Anuario Galego de Estudos Teatrais, ser profesor da Universidade de Vigo, dirixir o I.E.S. Politécnico de Vigo ou participar na edición da Biblioteca de Teatro posta en marcha pola Editorial Galaxia en 2004. Desde 1996 forma parte da Asociación de Directores de Escena de España e, actualmente, é o director da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.

 

Programa

MARTES, 27 DE AGOSTO.
GRUPO: Barafunda Teatro
OBRA: Bañistas despistados.
HORA: 18:00

MÉRCORES, 28 DE AGOSTO.
GRUPO: Lila Teatro
OBRA: Duncan de palleiro.
HORA: 21:00.

XOVES, 29 DE AGOSTO.
GRUPO: Obradoiro Municipal de Teatro de Palas de Rei.
AUTOR/-A: Creación colectiva do alumnado, coordinado por Afonso García Penas.
OBRA: Vogando nos contos.
HORA: 21:00.

VENRES, 30 DE AGOSTO.
GRUPO: Iara Teatro.
OBRA: No berce da palabra.
HORA: 21:00.

SÁBADO, 31 DE AGOSTO. (DOBRE FUNCIÓN)
No campo da festa de Santo Xusto
GRUPO: Metátese Teatro.
OBRA:
HORA: 17:30.

GRUPO: Metátese Teatro.
Na Casa de Cultura de Palas de Rei
OBRA: Na procura dun traballo.
HORA: 21:00.

DOMINGO, 1 DE SETEMBRO.
GRUPO: Ateneo, de Pozuelo.
OBRA: En el estanque dorado.
HORA: 21:00.

MÉRCORES, 4 DE SETEMBRO.
GRUPO: Caxigo Teatro, de Curtis.
OBRA: O conxuro das letras.
HORA: 21:00.

XOVES, 5 DE SETEMBRO.
GRUPO: Alentía.
OBRA: Conversas teatralizadas con… Johan Photography.
HORA: 21:00.

VENRES, 6 DE SETEMBRO.
GRUPO: Caxoto (Felipe Díaz).
OBRA: Daló de onde eu veño.
HORARIO: 21:00 horas.
Esta función será no Parladoiro de Arqueixal, en Albá con motivo da IX edición do Son d’aldea.

SÁBADO, 07 SETEMBRO.
Sairase do campo da festa da aldea de Santiago de Albá ás 9:30.
GRUPO: Son d’aldea.
OBRA: Os ollos da experiencia.
AUTOR: Creación colectiva dirixida por Metátese Teatro e Alentía Teatro.
HORA: 10:00.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

FETEGA2019 |

O FETEGA do Carballiño pasa a chamarse Festival de Teatro Galego Celso Parada

PonteCoqueta1 |

Pontevedra recrea os anos 20 coa cuarta edición de ‘Ponte Coqueta’