in

Pontevedra recrea os anos 20 coa cuarta edición de ‘Ponte Coqueta’

PonteCoqueta1 |

A cuarta edición de “Ponte Coqueta” en Pontevedra estará dedicada á muller e ao cabaret dos anos 20 aos 50. As actividades comezarán o vindeiro luns 26 de agosto e prolongaranse ata o domingo 1 de setembro. A concelleira de Festas, Carme da Silva, e o promotor desta iniciativa cultural, Marcelo Dobode, presentaron ‘Ponte Coqueta 2019’ nun acto no que animaron a todos os veciños a “sacar a revolución que levan dentro”.

A programación arrinca o luns 26 de agosto no Casino Mercantil coa conferencia “A muller e o cabaré da Galiza”, que impartirá Iria Piñeiro e na que falará da importancia da muller na música galega. Será a partir das 20:00. O mércores 28 haberá un taller infantil de cabaret no Mercantil a partir das 18:00. A actividade repetirase ao día seguinte no mesmo sitio e á mesma hora.

Para os maiores tamén haberá talleres na Casa Azul tanto de iniciación como avanzados. Por unha banda, o xoves serán os talleres de cabaret e o venres de baile lindy hop. Poderán apuntarse todas as persoas que queiran iniciarse nos bailes e ás 20:00 aqueles que queiran perfeccionalo. Para este último taller será necesario acudir con parella.

Publicidade

O venres ás 22:00 poderá verse un espectáculo de cabaret ao aire libre. Celebrarase na Praza de Curros Enríquez e os seus organizadores prometen que estará “cheo de sorpresas”, explicou Marcelo Dobode. Faranse bailes na rúa da man de Iria Piñeiro e Marinita Quellas, entre outras.

 

FIN DE SEMANA

O sábado empezarase cedo con outro taller de iniciación, esta vez ao lindy hop. Será no Mercantil e empezará ás 9:00 o de iniciación e ás 11:00 o avanzado. Ás 12:00 terá lugar a mostra de swing, lindy hop e charlestón nas prazas da Ferrería, Peregrina e Curros Enríquez.

As actividades do sábado realizaranse na Praza de Curros Enríquez. Ás 13:00 está fixada a Sesión vermú cun concerto do grupo Comando Foucellas; ás 17:00, un taller infantil de cabar´w onde se incluirá a presentación do espectáculo que preparen.

Ás 18:00 haberá unha clase aberta de swing e, como colofón para esta actividade, celebrarase o Baile Coqueto cos concertos de Áureas e de Sar Swing Quartet, que encherán a praza de música swing que “fará bailar a todo o mundo que se achegue”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Manuel Vieites

Manuel Vieites, premio Mácara na XX Mostra de Teatro Amador de Palas de Rei

salon teatro04 |

A Xunta abre o proceso de selección para a dirección do CDG