in

‘A morte de Danton’ inicia a dirección artística de Nuno Cardoso no TNSJ do Porto

MortedeDantonCardoso |
A Morte de Danton, de Georg Büchner, preséntase hoxe, no Teatro Nacional São João (TNSJ) do Porto, nunha produción que constitúe a estrea de Nuno Cardoso como novo director artístico.

 

Até o 29 de setembro, A Morte de Danton conta con Albano Jerónimo á fronte dun elenco que vai dar vida á peza do dramaturgo alemán, a primeira do autor, terminada en 1835, mais estreada en 1903, por causa da súa abordaxe da Revolución Francesa, en concreto do Reinado de Terror, e do modo como o fixo, nunha versión que se pode considerar pioneira do chamado “teatro documental”.

A obra recupera rexistros históricos para contar a historia de Georges Danton (1754-1794), un dos líderes revolucionarios, promotores do Comité de Salvación Pública, que viría a se converter no núcleo da política de terror. Perante esa evidencia, Danton pon em causa o abuso de poder exercido polos seus correlixionarios, nomeadamente Robespierre, o que o conduce ao tribunal revolucionario e á morte na guillotina.

Nuno Cardoso lembra postas en escena anteriores deste texto, do Teatro da Garagem e dos Artistas Unidos, realizadas hai sete anos, como a proba de que se trata de “unha peza importante para ser feita” en diversos momentos, incluíndo os actuais.

“Primeiro, porque dalgunha forma é unha autopsia dun momento de fractura, do dilema da Revolución Francesa, que é o alicerce de toda a sociedade contemporánea democrática e occidental. (…) Por outra banda, os problemas e conflitos que alí xurdiron continúan a constituír o día a día da nosa sociedade”, xustificou.


Publicidade

Do traballo e dos dereitos humanos, ao papel do Estado e dos cidadáns, todos os temas presentes na obra que “dan que pensar”, acompañando esta “especie de frenesí dos últimos días da vida de Danton”. Condenado Danton, o orador e líder revolucionario que tentara parar as medidas que axudara a crear, en defensa da revolución, a peza de Büchner acompañao no camiño á morte, “o grande manto sobre o cal todos os corazóns deixan de bater”.

Ao longo de todo o drama, o que se ve é o populismo, que “na actualidade se alastra polo mundo enteiro”, mais tamén “a masificación e manipulación da miseria dos outros usada para fins propios”.

“Nós vivimos o tempo que a revolución inventou (…) a idea do tempo do debate, da elección, da revolta, insurrección, e iso xorde como en todo. A idea de Estado como o vivimos xorde nese período”, afirmou Cardoso.

Logo da estrea no Porto, onde fica até o día 29, a peza de cerca de dúas horas e media irá ao Theatro Circo, en Braga, o día 4 de outubro, antes de subir ao palco do Teatro Aveirense, o 18.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

writing |

Aberto o prazo de recepción de propostas para o Festival Pezas dun Teatro do Porvir

Toño Casais

Toño Casais recibe a alta hospitalaria