in

Toño Casais recibe a alta hospitalaria

Toño Casais

O actor Toño Casais recibiu onte a alta hospitalaria e xa está no seu domicilio. Segundo os seus compañeiros de Talía Teatro, Casais “atópase ben”, malia que aínda acusa os golpes da caída e ten algúns problemas de audición.

Toño casais tivo que ser evacuado de emerxencia, en helicóptero, o pasado sábado 7 de setembro, despois de sufrir unha caída en Muxía, durante a montaxe da función de Talía Teatro, Vida de cans. Foi ingresado na UCI do CHUAC da Coruña cun traumatismo cranioencefálico con prognóstico grave, mais a súa evolución foi moi favorable.

Durante os días que seguiron ao accidente, sucedéronse as mostras de preocupación e de afecto a través de Internet e das redes sociais, así como mensaxes de apoio e de a Casais e aos seus compañeiros.


Publicidade

A compañía Talía Teatro, fixo pública unha mensaxe de agradecemento polo interese mostrado pola saúde do seu compañeiro e precisan que agora “precisa repouso” e que, daquela, é aconsellable que non reciba moitas chamadas nin visitas.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

MortedeDantonCardoso |

‘A morte de Danton’ inicia a dirección artística de Nuno Cardoso no TNSJ do Porto

Get Back porta aberta |

Viana do Castelo acolle o II Festival Transfronteirizo de Teatro Amador