in ,

Xa se coñecen as obras participantes no III Certame de Teatro Afeccionado “Concello de Lourenzá”

PremiosLourenza |

O xurado do III Certame de Teatro Afeccionado “Concello de Lourenzá” deu a coñecer o nome das oito obras seleccionadas para ser representadas durante o mes de novembro.

As obras seleccionadas para ser representadas no Certame de Teatro Afeccionado “Concello de Lourenzá” son as seguintes:

  • A Lola de Avelaíña Teatro de Pontevedra.
  • Fuga de Gargallada Teatro de O Barco de Valdeorras.
  • All you need is war de O Catre Teatro de As Pontes.
  • A tía Rosita de Coles Teatro de Ourense.
  • Comedia bífida de Touporroutou Teatro de Foz.
  • A última cea de Fauna 113 de Vigo.
  • A estraña familia de Matabelas de Teo.
  • Un! dous! tres! de Carauta Teatro de Santiago.

Todas estes grupos de teatro recibirán 300 euros por participar e optarán ao premio de 750 euros que será para o que acade o “Conde Santo” á mellor representación. Tamén se concederán premios ao mellor actor e actriz principal, ao mellor actor e actriz de reparto, á mellor posta en escena e o premio especial do público.


Publicidade

Nos próximo días darase a coñecer o calendario da representación das obras, así como a data na que se celebrará a gala de entrega de premios.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Despois das Ondas

Despois das ondas

DesdeOInvisible |

La Quintana estrea a versión en galego de ‘Desde o invisible’ en Compostela