in

A Coruña acolle o II Festival de Teatro Valacar, co colectivo invidente como protagonista

ValacarFrechas2 |

A Coruña volve a ser o escenario do Festival de Teatro Valacar (FTV), na súa segunda edición, desde hoxe, xoves 7 de novembro e ao longo de todo o mes. Unha proposta cultural cuxos protagonistas son os actores e actrices cegos oo con grave discapacidade visual que compoñen o grupo teatral Valacar.

O FTV neceu o pasado ano co obxectivo de se converter nunha proposta cultural con ‘visión propia’ e, ao tempo, nunha nova alternativa cultural e teatral para a cidade (con vocación de periodicidade anual) e nunha ferramenta de convivencia e visibilidade do colectivo cego e con discapacidade visual coa sociedade á que pertenece.

Tras o éxito da primeira edición, o II FTV comeza hoxe e prolongarase con funcións do grupo todos os xoves, venres e sábados do mes, ás 20:30, na sala de Teatro Intermitente ‘Valacar’, dentro do Edificio ONCE (c/ Cantón Grande, 3).

As entradas poden recollerse na billeteira, a partir das 19:00 horas, mostrando un cupón da ONCE do mesmo día da función á que se desexe asistir. Até completar aforo.

 

Programación FTV 2019


Publicidade

Frechas do anxo do esquecemento, de Sanchis Sinisterra. Xoves 7, Venres 8 e Sábado 9.
Enamórate a ciegas. Textos de amor e paixón onde o esencial é invisible á vista. Xoves 14, Venres 15 e Sábado 16.
El Legado de Poe. Obra baseada no legado de Edgar Allan Poe. Xoves 21, Venres 22 e Sábado 23; Xoves 28, Venres 29 e Sábado 30.

 

Premio FTV de Integración nas Artes Escénicas

Como na pasada edición, o FTV concederá o seu premio á integración nas Artes Escénicas. Un galardón que recoñece a persoas, empresas, ONG e entidades públicas ou privadas que destaquen pola súa traxectoria a favor da integración (en todas as súas variantes) das persoas con diversidade funcional nas Artes Escénicas (teatro, música ou danza).

O Premio FTV outórgase tamén con periodicidade anual dentro do Festival de Teatro Valacar, nun acto público co recoñecemento do labor realizado pola persoa ou entidade premiada. Nesta edición, celebrarase o xoves 21 de novembro, ás 20:30, no mesmo escenario que as representacións.

Nesta edición, o xuri estará composto por: Dolores Venancio Vilaboy, presidenta da Asociación de Cegos e Deficientes Visuais de Galicia e xefa do Dpto. de Servicios Sociales para Afiliados da ONCE; Nieves García Longueira, animadora sociocultural da ONCE; Ana Docampo Canosa, José Manuel Méndez Baña e Felipe Cotelo Rodal, actriz e actores de Teatro Valacar, e Pedro Rubín, director de Teatro Valacar e FTV.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Ames |

XIV Mostra de Teatro Afeccionado de Ames

XXIIIMemorialIbanToxeiro |

XXIII Memorial Ibán Toxeiro na Coruña