in

O Teatro Nacional São João do Porto inicia a celebración do seu centenario

tnsj |
O Teatro Nacional São João do Porto fai 100 anos este sábado 7, e celébrao con varias iniciativas que se prolongarán ao longo do ano.

 

O Teatro Nacional São João (TNSJ) naceu hai 100 anos, o 7 de marzo de 1920, nun edificio proxectado por Marques da Silva. Está classificado como Monumento Nacional e é considerado unha das estruturas portuenses mais belas, ademais de constituír un fito no vínculo entre o pasado e o presente da cidade a través da arte teatral. Este sábado, 7, o centenario inicia un programa de actividades gratuítas, no propio TNSJ, no Teatro Carlos Alberto (TeCA) e no Mosteiro de São Bento da Vitória, para unha celebración “dentro e fora de portas, ao vivo e em vídeo”.

 

Turismo Infinito

Case trece anos despois da súa estrea, e seis despois da súa última representación, Turismo infinito, o proxecto pessoano de Ricardo Pais, antigo director do TNSJ, volve á casa que a viu nacer para un día especial. O elenco é o mesmo, a estrutura e o deseño practicamente iguais, mais o tempo outorgoulle unha nova forma de sentir e vivir á obra de Fernando Pessoa. A escolla da peza para a abertura do centenario constitúe un acerto.

Teatro Nacional São João, 7 de marzo ás 23:00 e 8 e 9 de marzo ás 21:00.

 

Proxección de Castro na Praça da Batalha

O Teatro Nacional São João prometeu descentralización cultural para 2020 e o primeiro paso foi a estrea en Aveiro de Castro, unha peza de António Ferreira con dirección de Nuno Cardoso. Nun xesto simbólico, a obra será proxectada desde o escenario de Aveiro na Praça da Batalha, permitindo ao público asistir ao espectáculo, antes de que se presente no Porto a partir do 27 de marzo, Día Mundial do Teatro.

Praça da Batalha, ás 16:00.

 

Visitas com guias especiais

A partir das 10:00, cada hora, as visitas ao teatro estarán guiadas por figuras tan coñecidas como os actores João Reis, António Durães e Emília Silvestre, o director Nuno Carinhas, os arquitectos João Carreira e Luís Soares Carneiro, a presidente do Consello de Administración do TNSJ, Francisca Carneiro Fernandes, e mesmo o presidente do Coliseu do Porto e antigo director do TNSJ, Eduardo Paz Barroso.


Publicidade

Teatro Nacional São João, de 10:00 a 17:00.

 

Exposición Noites Brancas

No Mosteiro de São Bento da Vitória, a exposición permanente Noites Brancas, que celebra todo o proceso de produción de pezas emblemáticas do Teatro Nacional São João, será ampliada acrescentada con novos escenarios, atrezzo, figurinos, documentos e obxectos que a dirección foi xuntando ao longo deste ano, para celebrar a “insónia criativa de quem constrói um espetáculo”.

Mosteiro de São Bento da Vitória, de 10:00 a 18:00.

 

Presentación dos clubes de teatro

No Teatro Carlos Alberto, presentaranse os Clubes de Teatro Sub-18 e Sub-88 do TNSJ, que comezaron hai catro meses como “espaços de acolhimento, permanência e progressão dos amantes da arte teatral”. Os traballos dos grupos céntranse nas traxedias de Shakespeare e contan coa orientación de Nuno Cardoso, Nuno M Cardoso e Emílio Gomes.

Teatro Carlos Alberto, de 15:00 a 17:00.

 

A celebración do centenario continuará ao longo de 2020 con compañías como A Turma, Circolando, Colectivo 84, Palmilha Dentada, Teatro do Bolhão, TEP e Ensemble; cun programa internacional que inclúe espectáculos de Angélica Liddell (The Scarlet Letter, 13 e 14 de marzo), a brasileira Christiane Jatahy (The Lingering Now – O Agora que Demora: Nossa Odisseia II, 26 e 27 de xuño), o alemán Frank Castorf (Bajazet, Considerando o Teatro e a Peste, 12 e 13 de xuño), o mexicano Jorge A. Vargas (Amarillo, 2 e 3 de maio) e o arxentino Sergio Boris (Artaud, 9 e 10 de maio); e cunha colección de seis volumes sobre a História do teatro.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

workshop 1746275 1920 |

O I Congreso Internacional do Teatro Galego completa o seu programa

ManifestoProfesorasESAD |

As profesoras sumanse á protesta contra o acoso sexual na ESAD