in

As profesoras sumanse á protesta contra o acoso sexual na ESAD

ManifestoProfesorasESAD |
As profesoras da ESAD veñen de facer público un manifesto contra o acoso sexual e en solidariedade co alumnado, no que lles esixen ás autoridades educativas “que tomen as medidas pertinentes á maior brevidade”.

 

As profesoras da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia súmanse ás protestas do alumnado que desde o luns 2 de marzo mantén paralizada a súa actividade deste centro educativo en denuncia de casos de abusos e acoso sexual. Este venres 6 de marzo o colectivo de profesoras realizou a lectura do manifesto contra o acoso sexual na ESAD co que expresaron “o total apoio ao alumnado” na súa reivindicación dun espazo educativo libre de abuso de poder e acoso sexual, e no que presentaron a súa “esixencia ás autoridades educativas para que tomen as medidas pertinentes á maior brevidade”.

 

Publicidade

MANIFESTO CONTRA O ACOSO SEXUAL NA ESAD

As profesoras da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia queremos expresar o noso total apoio ao alumnado na súa reivindicación de que esta casa que compartimos toda a comunidade educativa sexa un espazo libre de abuso de poder e de acoso sexual.

A ESAD non só é un lugar laboral para nós que, como traballadoras, temos o dereito de desenvolver a nosa actividade nun espazo sen violencias machistas. A ESAD é tamén un lugar de convivencia consagrado á formación de artistas e á educación en sentido amplo. Por iso, como creadoras e como persoas comprometidas con formar mellores persoas, libres, críticas e responsábeis, consideramos que estas prácticas execrábeis sucedidas durante o exercicio docente son especialmente avergoñantes, pois a nosa obriga é ofrecer ao noso estudantado un entorno seguro onde poidan exercer con garantías o seu dereito á educación.

Por todo isto, as profesoras da ESAD manifestamos tamén a nosa esixencia ás autoridades educativas para que tomen as medidas pertinentes á maior brevidade. Neste sentido, o noso desexo, coma o do alumnado, é que aqueles casos de abuso sexual detectados e confirmados supoñan con efecto inmediato, aínda que sexa de modo preventivo, o apartamento do exercicio docente.

O dereito á Educación non só implica o acceso ao saber, senón tamén a aprendizaxe nos valores da liberdade, da igualdade e do respecto polos dereitos das mulleres en calquera espazo da nosa sociedade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

tnsj |

O Teatro Nacional São João do Porto inicia a celebración do seu centenario

Atlantica2020 |

Os contos de lobos das Bífidas quentan motores para o Festival Atlántica