O pasado luns 2 de marzo, alumnas da Escola Superior de Arte Dramático de Galicia, co apoio do resto do alumnado, iniciaron unha protesta pacífica e multitudinaria que a día de hoxe, segue paralizando a actividade do centro.
Esta protesta xorde a raíz do descontento no alumnado, que afirma ter detectado diferentes formas de abuso de poder e acoso de algúns docentes durante anos e que provocaron situacións “de carácter incómodo e desagradable nas aulas colocando ás alumnas nunha situación de vulnerabilidade”.
Este feito alarmou a todo o colectivo estudantil, que decidiu parar a actividade lectiva ata que se investigue e solucione o problema. Tras catro días de parada, o alumnado declara non ter recibido aínda unha solución por parte de inspección e de dirección “tendo que asumir o colectivo estudantil a carga desta parada, levando a cabo iniciativas como a supresión de todo tipo de actividades académicas que implican a perda do curso académico de todo o alumnado”.
Son 150 as alumnas e alumnos as que se manifestan, mentres o profesorado continúa cubrindo os seus postos de traballo. O alumnado se posiciona radical e unanimemente en contra do abuso xa que “é incompatíble cun ensino público e de calidade”.
- Sete persoas e entidades foron distinguidas nos IV Recoñecementos de Escena Galega das Artes Escénicas - 07/07/2026
- Moaña acolle a primeira edición do Festival Internacional das Culturas Mar da Illa de Samertolameu - 03/07/2026
- O Convento de Santa Clara acolle a Bienal de Artes Vivas de Pontevedra - 03/07/2026



