in

A Fundación SGAE convoca as Axudas á Tradución de Textos Teatrais 2020

Translate |

Un dos obxectivos primordiais da Fundación SGAE é a internacionalización dos creadores e as súas obras. Para contribuír decididamente a que os traballos dos autores aumenten a súa presenza no panorama internacional, a Fundación SGAE segue a apoiar diferentes proxectos, aos que se suma esta liña de axudas.

A través desta convocatoria, os dramaturgos poderán solicitar un apoio económico para a tradución do seu texto a unha lingua estranxeira. O prazo de presentación das solicitudes para a convocatoria 2020 de axudas a traducións de textos teatrais iniciarase o martes 24 de marzo de 2020 e manterase aberto ata as 24:00 do venres 24 de abril de 2020. As solicitudes recibidas fóra deste prazo serán desestimadas.

Os socios deberán presentar un único texto de obra teatral, de autoría única ou en colaboración con outros autores. Non existe limitación no referente ao número de autores dos textos teatrais que se presenten en coautoría.


Publicidade

As bases pódense consultar aquí.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Baleiro |

Editorial: Horizonte virtual

Minerva |

As asociacións profesionais demandan medidas específicas para a cultura