in

Comeza na Coruña o festival Falando a Boca Chea

Falandoabocachea2018 |
Durante os días do 29 de setembro ao 3 de outubro volve a Coruña da man de Artestudio Xestión Cultural ” Falando a Boca Chea” un festival de narración oral que conta co apoio do Concello da Coruña e do Fórum Metropolitano, con diversos espectáculos protagonizados por colectivos de teatro afeccionado, famosas/os narradoras/es galegas/es e novas voces da narración oral en Galicia.

 

O Festival “Falando a Boca Chea” pretende achegar á xente de todas as idades a narración oral e, a través dela, abordar todas as cuestións que teñen que ver coa persoa como parte da sociedade. Pero tamén se ocupa dos grandes interrogantes da existencia naquilo que se relaciona coa clave do misterio da vida, sen explicacións realistas e pesadas. Conecta, a través do simbólico, os soños, a poesía, cunha conexión realmente emancipadora, tanto desde o punto de vista da liberdade da imaxinación como na comprensión dos mecanismos do desenvolvemento psicolóxico da persoa. O optimismo é obrigatorio. As nenas e os nenos poden cambiar o seu destino aprendendo o que é bo para elas e eles e o que debe evitarse.

Será obrigatorio usar máscara en todos os espectáculos. Ademais, daráselle prioridade a venta anticipada de entradas e de convites en liña.

Este festival desenvolverase principalmente en distintos espazos do Fórum Metropolitano, como en pasadas edicións:

  • O vestíbulo do Fórum: neste espazo, atoparemos espectáculos dirixidos a todo público, en que a entrada será gratuíta, até completar capacidade. Contarán con Vera Rilo, Caxoto, Soledad Felloza e o colectivo de narración oral “Cédoche a palabra” no que os contos na lareira e da vida cotián serán os protagonistas.

    Neste espazo, adaptado para o público familiar, tamén estarán as sesións para nenos e nenas de 2 a 4 anos, con contos e arrolos para os máis cativos, da man de Bea Campos e Soledad Felloza, tamén con convite.

  • O auditorio: con espectáculos destinados ao público adulto. Contarán con nomeados narradores, con recursos e estilos moi diversos, como Celso Sanmartín, Gari, Carmen Conde e Quico Cadaval e coa presenza do colectivo amador “Cédoche a palabra”

O festival tamén estará presente no ámbito escolar, xa que os días 19 e 20 de outubro haberá dúas sesións de narración exclusivas para o alumnado de ESO, bacharelato e FP: “Os contos da fantástica tía Pilar”, por Bea Campos e “Feirantes” por Ramiro Neira.

 

Programa


Publicidade

Martes 29 de setembro 

Sesión do colectivo amador de narración oral Cédoche a Palabra
Auditorio Fórum ás 21:00 h (Entradas: 7,00€; 6,00€ con carné xove, +65 anos ou persoas desdempregadas; e 5,00€ venda anticipada)

Mércores 30 de setembro 

Vero Rilo – Vestíbulo do Fórum ás 19:00h (Gratuito con convite)
Celso F. Sanmartín – Auditorio do Fórum ás 21:00h (Entradas: 7,00€; 6,00€ con carné xove, +65 anos ou persoas desdempregadas; e 5,00€ venda anticipada)

Xoves 1 de outubro

Bea Campos– Vestíbulo do Fórum ás 17.30h – Sesión para nenas de 2 a 4 anos ás 17:30 h (Gratuito con convite)
Caxoto – Vestíbulo do Fórum – Todos os públicos ás 19:00h (Gratuito con convite)
Quico Cadaval – Auditorio do Fórum ás 21:00h (Entradas: 7,00€; 6,00€ con carné xove, +65 anos ou persoas desdempregadas; e 5,00€ venda anticipada)

Venres 2 de outubro

Soledad Felloza – Vestíbulo do Fórum ás 17.30h – Sesión para nenos e nenas de 2 a 4 anos  (Gratuito con convite)
Soledad Felloza – Vestíbulo do Fórum- Todos los públicos ás 19:00h (Gratuito con convite)
Carmen Conde – Auditorio do Fórum ás 21:00h (Entradas: 7,00€; 6,00€ con carné xove, +65 anos ou persoas desdempregadas; e 5,00€ venda anticipada)

Sábado 3 de outubro

Sesión do colectivo amador de narración oral Cédoche a Palabra ás 19:00 (Gratuito con convite)

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

AlboradaEdipo |

Laiovento edita ‘Alborada de Edipo’, de Xesús Pisón

Premio Laudamuco

Raúl Dans recolleu este sábado o II Premio Laudamuco