in ,

O Teatro Rosalía Castro da Coruña acolle a gala dos XXVI Premios María Casares

XXVI Premios de Teatro María Casares
XXVI Premios de Teatro María Casares

Un total de 14 espectáculos compiten este xoves a partir das 20.45 h. polos galardóns durante a gala que, dirixida por Carlos Álvarez-Ossorio, se pode seguir pola canle de youtube da AAAG:

https://www.youtube.com/c/PremiosdeTeatroMaríaCasares

Marián Bañobre, Nerea Brey,  Marta Pérez, Rosa Puga Davila, Mónica de Nut e Sheyla Fariña conforman o elenco. O Proxecto X (Virxilio da Silva, Paco Charlín, Diogo Silva e a propia De Nut) poranlle música á cerimonia de  entrega

O Teatro Rosalía da Coruña acolle a gala dos XXVI Premios de Teatro María Casares, que neste 2022 lembra a figura da actriz no seu centenario e reivindica a escena como “patria-refuxio para todas as persoas desprazadas” polas guerras, polos conflitos, polas inxustizas e polas pobrezas. Esa é a sinopse da gala que dirixe Carlos Álvarez-Ossorio e que conta cun elenco completamente feminino ao subiren a escena as actrices Marián Bañobre, Nerea Brey, Sheyla Fariña, Rosa Puga Davila, Marta Pérez e Mónica de Nut. A música ao vivo corre a cargo de Proxecto X, formación integrada pola guitarra de Virxilio da Silva, o baixo de Paco Charlín, a batería de Diogo Silva e a voz da propia De Nut. Violeta Martínez Rivera encárgase do deseño de iluminación e mais do espazo escénico, Marián Bañobre exerce como vestiarista e Rubén Porto é o axudante de dirección.


Publicidade

A gala comeza ás 20.45 horas e é retransmitida por Youtube a través da canle que a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) dedica aos Premios de Teatro María Casares: https://www.youtube.com/c/PremiosdeTeatroMaríaCasares . A conexión en directo principiará ás 20.30 h. Os Premios de Teatro María Casares contan co apoio de entidades e institucións como son a Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), o Concello da Coruña, a Deputación da Coruña, o Padroado de Cultura de Narón a Fundación AISGE ou Gadis.

Catorce espectáculos

Un total de 14 espectáculos son finalistas en algunha das catorce categorías nas que se dividen os galardóns. Cigarreiras, obra de Contraproducións e Teatro Romea, e Othello, de Voadora, contan con 8 finalistas cada unha. A lúa vai encuberta, de Incendiaria e A Quinta do Cuadrante, aspira a facerse con 7 galardóns, mentres que Terceiro acto, obra do Centro Dramático Galego (CDG) opta a 6. Pola súa banda, Quixote, de Pedras de Cartón; Comando comadres, de Matrioshka Teatro, e O Charco de Ulises, do CDG, rexistran dous finalistas. Cun finalista atópanse os seguintes espectáculos: Serba me serbavo te, do CDG; Hugo, dos Náufragos Teatro; Cubo, de Elefante Elegante; A parábola do angazo, de Talía Teatro; Morgana en Esemelle, de Sarabela Teatro; Soga e Cinsa, de Aporía Escénica, e A Cazola de Lola, de Tanxarina. Durante a gala faise entrega do Premio de Honra Marisa Soto a título póstumo a Lino Braxe e Fernando Dacosta lerá o Manifesto Galego no Día Mundial do Teatro 2022.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Microefectos Dramatúrxicos Lugo.

Os Microefectos Dramatúrxicos volven a Lugo

'Cigarreiras' de Contraproducións. Premio María Casares ao Mellor Espectáculo.

XXVI Premios de Teatro María Casares