Os pases terán lugar este xoves 2, venres 3 e sábado 4 de xuño nos seguintes horarios: 20:30 e 22:30.
Logo de tres meses dende a sesión de marzo, os Microefectos Dramatúrxicos regresan ao Club Clavicémbalo este xoves, venres e sábado, en pases de 20:30 e 22:30. Nesta sesión representaranse, coma sempre, catro pezas novas.
O grupo, que cumpriu nove anos durante o mes de maio, pon en escena pezas teatrais duns 15 minutos de duración nas que contan historias da vida para rir ou chorar, cunha escrita directa e actual, que cada tres meses practicamente completa o aforo da sala.
Pezas para rir ou chorar no Clavicémbalo
Influenza Escribe e dirixe: Conchi Madrina. Interpretan: Anxo Manoel, María Grandío, Raquel López Cendán e Conchi Madrina.
Corre! Escribe e dirixe: Anxo Manoel. Interpretan: Brais García, Brian Rodríguez e Anxo Manoel.
Declaración Alfa Orión -Ou de como recuperar o brillo- Escribe e dirixe María Grandío. Interpretan: Anxo Manoel, Brian Rodríguez e María Grandío.
Mentiras eu peno Escribe e dirixe: Brais García. Interpretan: Raquel López Cendán, Brian Rodríguez, Brais García e Isa Herrero.
- Sete persoas e entidades foron distinguidas nos IV Recoñecementos de Escena Galega das Artes Escénicas - 07/07/2026
- Moaña acolle a primeira edición do Festival Internacional das Culturas Mar da Illa de Samertolameu - 03/07/2026
- O Convento de Santa Clara acolle a Bienal de Artes Vivas de Pontevedra - 03/07/2026



