in

Sobre a importancia dun oficio sen violencias

Fotografía de Markus Spiske.
Fotografía de Markus Spiske.

Segredo: (substantivo masculino) Aquilo que se mantén oculto, que non se dá ou non se debe dar a coñecer aos demais.

Ante todo, debemos procurar que as inxustizas non sexan aliadas do tempo e lle gañe o pulso á memoria.

Non fai falla máis que estar un pouco pendente da actualidade para comprobar como o medo e o inxusto gañan o seu sitio no transcorrer normal da vida. Son coma dous cabalos desbocados que arrasan con todo, sen importarlles nada, e deixan todo destruído tras eles.

O teatro é a nosa ferramenta para loitar contra todo isto. O noso refuxio é tamén a nosa mellor arma. Pode que unha representación non cambie nada, pero pode axudarnos a tomar as decisións correctas e a atrevernos a facer determinadas cousas na vida real. O teatro é motor de vida e ninguén pode discutilo. Por iso neste oficio temos tantas ganas de cambio, tantas ganas de avanzar e tantas ganas de futuro.

Pero as batallas hai que dalas porque é o que nos queda tralo furacán. Non hai conquista social que non pasara polas prazas, polas rúas, e fora inmortalizada nos teatros. Coma se o efémero propio do teatro fose tamén un lugar inalcanzable para o violento. Coma se a fraxilidade temporal do noso oficio fose un lugar de salvación e verdade para este mundo.

Eu loito por non ser cómplice do inxusto. Por iso sei que non é difícil pensar que se está errado cando do outro lado se ten de aliado o silencio da administración, a complicidade xudicial e as miradas cara outro lado de tanta e tanta xente con responsabilidade no que está a suceder.


Publicidade

Deberiamos estar falando de teatro. Deberíamos estar falando de como facer que unha escena funcione, de como equilibrar o espazo ou de como iluminar tal secuencia. Deberíamos estar falando diso. Eu debería estar escribindo sobre algunha cousa teatral, pero ás veces non se pode. E non pasa nada. Se hai que falar disto, pois falamos disto o tempo que sexa necesario.

A loita polas causas xustas é o máis importante que se pode facer na vida incluso por enriba de calquera conquista artística. Loitar contra a violencia en calquera das súas manifestacións é un deber ineludible se non podemos ser cómplices do silencio e do esquecemento. Porque as inxustizas comezan nos ocos da memoria e da historia.

Preservar a nosa memoria non só é fundamental para o futuro, éo tamén para o presente. Para que non gane a impunidade, a complicidade e o mal.

Non podemos deixar que a historia se escriba doutro xeito. Cada día que pasa ten que ser unha vitoria do xusto e non do violento. Unha vitoria da vida e non da morte. Esa é a loita.

Pablo Carrera Simón

Pablo Carrera Simón

(Vigo, 1991) Master en Artes Escénicas polo Instituto de la Danza Alicia Alonso & URJC. Graduado en Interpretación Textual e Dramaturxia pola ESAD de Galicia. Dende o ano 2019 presenta o podcast Procastination e é un dos fundadores da Asociación Galega de Commedia dell'Arte. As palabras fante conservador ou revolucionario. E nesas andamos.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

'Dislocación', de Berio Molina

O CGAC acolle unha mostra dedicada ás artes vivas

Alen. Paso de Valverde Teatro3 |

Festival Transfronteirizo de Teatro Afeccionado PLATTA La Bañeza 2022