in ,

Mensaxe para o Día da Commedia dell’Arte 2023

Por Gabriele Vacis

Arlecchino, interpretado por Ferruccio Soleri.
Arlecchino, interpretado por Ferruccio Soleri.

Topeng é unha forma de teatro balinesa que utiliza medias máscaras e movementos moi formalizados e é principalmente cómico. Cando o vin por primeira vez, hai moitos anos, pensei: esta é a Commedia dell’Arte! Podería ser que alguén de Italia, hai moitos séculos, viaxase ata Bali para traer a Commedia dell’Arte? Ou quizais un artista balinés viaxou a Italia e trouxo aquí o Topeng? Na miña opinión, debeu haber contaminación entrambos: hai tantos elementos comúns que non pode ser casualidade. O caso é que a Commedia dell’Arte está xusto nas orixes do teatro, é unha forma capaz de achegar Occidente e Oriente. Despois tiven a fortuna de traballar cun actor que coñecía a Commedia por dentro: Eugenio Allegri. Era un Arlecchino extraordinario. Lembro unha repetición de Il Falso Magnifico en Settimo Torinese, a cidade onde vivo. Podería ser 1980 ou 81. Settimo era un arrabalde que, con velocidade, se estaba  a converter nun mal barrio. Convidaramos a TAG Teatro para o Entroido, a ver se podían animar o noso tradicional desfile de carrozas, que adoitaba ser bastante lúgubre. TAG montou a plataforma vertixinosamente alta na que actuarían. Creo que ese espectáculo, naquela praza, influíu en todo o teatro que fixen dende entón, do mesmo xeito que a Commedia dell’Arte, a partir do século XVI, influíu no teatro de todo o mundo. O desfile rematou, aínda máis melancólico do habitual, á sombra dun arrabalde feo e industrial, e comezou Il Falso Magnifico. A obra foi na Piazza della Libertà, que normalmente era un aparcadoiro e nin sequera ese  domingo de febreiro conseguimos liberala completamente de coches. Ao principio debía de haber unha trintena de espectadores estremecidos. O espectáculo durou case dúas horas e pensei que o público, probablemente, acabaría por minguar a catro ou cinco. En cambio, pasou. A maxia do teatro aconteceu. Cada vez foron máis os espectadores sumándose a ese primeiro pequeno público, ata que a praza se encheu de xente. Todos os ollos estaban pegados a estes tolos que actuaban nun escenario de 4×3 metros, que estaba a 2 metros sobre a rúa. Eugenio interpretou a Arlecchino, o personaxe máis acrobático; con cada pirueta tiñamos medo de que caese do escenario. Pero aquí está a beleza da Commedia dell’Arte. É unha forma de arte arriscada, que require actores un pouco loucos. Só estes temerarios aventureiros poden encher de sol un domingo gris de febreiro. Só eles terían o valor de navegar ata Bali, ata os confíns do mundo, para difundir esta forma de arte, que debemos apreciar tanto como poidamos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

GIPHY App Key not set. Please check settings

    Equipa artística de 'Sin la soga al cuello' de Ensalle Teatro co texto de Gonzalo Cunill. Estrea no Teatro Ensalle de Vigo, 24 de febreiro de 2023. Foto: Afonso Becerra.

    Ensalle estrea ‘Sin la soga al cuello’ de Gonzalo Cunill

    Máscara commedia da arte

    Á COMMEDIA