in ,

Este sábado celébrase na Coruña o VI Festival Pezas dun Teatro do Porvir, Galiza + Portugal

No Forum Metropolitano da Coruña, desde as 10h. até ás 20h. cun total de 7 presentacións escénicas

'O que é o raio, nin maldita idea' da Cía. Souvenir. Proposta gañadora na anterior edición.
'O que é o raio, nin maldita idea' da Cía. Souvenir. Proposta gañadora na anterior edición. Foto: Afonso Becerra.

A Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega, desde a súa Sección de Literatura Dramática, organizan o VI Festival Pezas dun Teatro do Porvir, Galiza + Portugal, este sábado, 18 de novembro de 2023, no Forum Metropolitano da Coruña, co apoio do Concello da Coruña, CEDRO, Deputación Provincial da Coruña e o Centro Cultural Português em Vigo do Instituto Camões.

Un comité formado polo director do Teatro Rosalía de Castro da Coruña, Xosé Paulo Rodríguez, o director do Teatro Diogo Bernardes de Ponte de Lima (Portugal), a directora do Centro Cultural Portugués en Vigo do Instituto Camões, Célia Guido Mendes, e o coordinador do festival, Afonso Becerra de Becerreá, escolleron, entre as presentadas, 7 propostas “texto-cénicas”, 4 galegas e 3 portuguesas, que serán mostradas ao longo da xornada deste sábado, nun encontro entre creadoras/es e público, a entrada é gratuita.

Ademais, contémplase unha palestra sobre “A descentralización das artes escénicas” de Miguel Franco, o director do Teatro Diogo Bernardes de Ponte de Lima. Este teatro municipal así como o Rosalía de Castro da Coruña, sumanse para ofrecer a oportunidade de que unha ou dúas propostas, de entre as presentadas, poidan estrearse en 2024 nos seus teatros. O propio comité de selección, así como o voto das creadoras/es que participan, dirimirán se, finalmente, algunha desas propostas acada este premio.

As propostas galegas escollidas para o VI Festival Pezas dun Teatro do Porvir 2023 (por orde alfabética do nome da proposta) son as seguintes:

A VOAR, de Andrea Dunia, artista multidisciplinar, investigadora, xestora e docente. Con este proxecto a autora bota man das ferramentas da investigación artística para ir atopando os modos de materializar o seu obxecto/artefacto artístico.

DERMA, de Sonsoles Cordón, un proxecto xurdido a partir da confluencia dun equipo heteroxéneo de persoas vinculadascoas artes escénicas e plásticas

PORVIR DUN CENTENNIAL, de Laura López Esteban, unha proposta que se expresa coa linguaxe textual e xestual mediante roles que van cambiando entre dous actores ao longo do texto.

VIDA ÚTIL DA PORCELANA, de Samuel Merino e Silvia Penas, que propón a creación como vía de autoficción, centrándose na palabra e a problemática arredor da imaxe corporal.

Propostas portuguesas escollidas para o VI Festival Peças de um Teatro do Porvir 2023 (por orde alfabética do nome da proposta):

A BUSCA, de Fabiano Assis da Silva, que provén de Braga, busca construír o texto dramático durante exercicios de improvisación teatral.

NESTE MOMENTO, de Alexandre Sá, desde Vila do Conde, experimentado actor en linguaxes como clown, bufón, melodrama, improviso e comedia, que ofrece unha performance literaria con improvisación en tempo real.

UMA ESPÉCIE EM VIAGEM, de Renata Flaiban & Grupo de Teatro Comunitário do Campo, desde o Gerês, cun espectáculo inserido no proxecto “Aldeias Criativas – Satélites Culturais na Serra do Gerês”, que privilexia a descentralización e a participación comunitaria a través das prácticas artísticas.

 

PROGRAMA

 VI FESTIVAL PEÇAS DE UM TEATRO DO PORVIR 2023: GALIZA + PORTUGAL

Os horários são os vigentes na Corunha (uma hora menos no Portugal continental, como referência).

Se podem estar presentes sobre as 09:45 horas, fantástico, para poder começar com tempo suficiente:


Publicidade

– 10h00. Apertura do festival a cargo do presidente da AELG e representantes das instituições colaboradoras.

– 10h30/11h. Primeira proposta cénica. A voar, de Andrea Dunia

– 11h00/11h15. Intervalo.

– 11h15/11h45. Segunda proposta cénica. Porvir dun centennial, por Laura López. Esteban.

– 11h45/12h00. Intervalo.

– 12h00/12:30h. Terceira proposta cénica. Derma, de Sonsoles Cordón.

– 12:30h/12h45. Intervalo.

– 12h45/14h00. Aula magistral sobre a descentralização das artes cénicas. Com Luís Miguel Franco da Silva.

TARDE
Se podem estar às 16h15 horas, agradecemo-lo.

– 16h.30/17h. Quarta proposta cénica. Uma Espécie Em Viagem, de Renata Flaiban & Grupo de Teatro Comunitário do Campo

– 17h/17h15. Intervalo.

– 17h15/17h45. Quinta proposta cénica. Vida útil da porcelana, de Samuel Merino e Silvia Penas.

– 17h45/18h. Intervalo.

– 18h/18h30. Sexta proposta cénica. A Busca, de Fabiano Assis da Silva.

– 18h30/18h45. Intervalo.

– 18h45/19h15. Sétima proposta cénica. Neste Momento, de Alexandre Sá

– 19:30 h. Deliberação, por parte do Comité de Selecção do Festival, formado por Afonso Becerra, Xosé Paulo Rodríguez, Luís Miguel Franco da Silva e Célia Guido Mendes.
VI Festival Pezas dun Teatro do Porvir, Galiza + Portugal 2023
VI Festival Pezas dun Teatro do Porvir, Galiza + Portugal 2023

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Foto Síbaris Domingo Villar

Síbaris

Iphixenia na porta do súper, de Compañía Humana. Imaxe de Alex Sobrino.

Iphixenia na porta do súper