in

Os tempos e o fracaso

Foto: Irene Moreira.
Foto: Irene Moreira.

Por que o fracaso na dirección teatral é tan asombroso?

Primeiro repasamos o imprescindíbel para aprender a dirixir que é facelo moito. Para iso os ingredientes son ensaio e público. Se tiveramos que facer unha fórmula científica sería: Éxito na Dirección de Escena = Tempo de Ensaio x Público (dividido por Funcións) e sairía a cantidade de experiencia que nos acredita, por exemplo en horas, na dirección ao igual que pilotar unha nave. Pódenche explicar un milleiro de veces o manegho (lede isto coa gheada aspirada que o meu pai lle dá cando se refire aos enterados da vida) da máquina pero ata que te ves no aire soa non sabes se podes facelo. Pois é o mesmo na aprendizaxe da dirección teatral, que é a través da práctica e esta práctica ten a particularidade de que para que se dea ten que pasar polo encontro co público. E claro pasa polo público todas as veces que dirixes e o  público acompaña a túa aprendizaxe, vai contigo no avión mentres pilotas, voades xuntas. E aí está o tema, ata as túas escenificacións máis frouxas pasan polo público que analiza e comenta se foi ben a viaxe.

Como raza somos do peor, á vista está, o peor para os nosos iguais e o peor para o que nos arrodea. Non respectamos os tempos da aprendizaxe, só queremos resultados, éxitos e así nos vai como sociedade, acugulada de pílulas, a pílula para durmir, para espelirse, para centrarse, para relaxarse… en fin Pilarín que só queremos o resultado! No ámbito teatral tamén se reflicte, cada vez menos tempo para ensaiar, menos tempo de residencia e sempre unido a unha mostra de proceso con público, menos funcións, etc.


Publicidade

E no ámbito da educación teatral tamén o percibo nos plans de estudo, que non recollen tempo abondo de práctica nin para explorar ideas e moito menos tempo de fracaso. Porque penso que o normal nunha escola é fracasar e fracasar moito porque para aprender temos que errar e na nosa profesión para sobrevivir aos fracasos sen culparnos o mellor é xogalos con deportividade.

O acurtamento dos tempos nas producións provoca estrés na dirección que ten que traballar dun xeito resultadista e rápido, restando tempo á experimentación e ao sentimento de sentirse perdida nun proceso, tan necesario por outra banda para a serendipia que, cando sucede, ofrece lugares teatrais magníficos.

Irene Moreira

Irene Moreira

(Vigo, 1980) Directora de escena e profesora de arte dramática. Actualmente dirixe a compañía teatral Xerpo, e, xunto con Álex Sobrino, fundou a Sala Ingrávida (Porriño), da que foi responsable de programación. Imparte docencia na ESAD de Galicia, traballo que combina co podcast 'Radio Ingrávida' e a experimentación co novo teatro confinado.

2 Comments

Leave a Reply
  1. Realmente esa necesidade desesperada pelo resultado exitoso atrapalla momentos maravillosos de experimentar e descubrir novos camiños atraves do “erro” , tanto no teatro como na vida mesma
    gracias Irene ,muito interesante a sua reflexión.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

1400 queseria03

Que Seria

IRIBARNE © Geraldine Leloutre

Iribarne