in ,

O Festival Atlántica, NOGA e Sete Falares celebran o Día Internacional da Narración Oral

Cun manifesto asinado por Paula Carballeira e unha programación especial de actividades

|
Paula Carballeira. Imaxe de Xan Xe Corral Paz

O Festival Atlántica, o Colectivo de Narración Oral Galega (NOGA) e o festival Sete Falares veñen  de unirse para celebrar o Día Internacional da Narración Oral, que se conmemora hoxe, 20 de marzo. Para iso, veñen de difundir o manifesto deste ano, asinado por Paula Carballeira, e están a desenvolver unha axenda de actividades ateigada de propostas en bibliotecas, teatros, auditorios e tamén sesións solidarias en hospitais e residencias da terceira idade.

As actividades estanse a desenvolver nos concellos de Ares, Arteixo, Carballeda de Avia, Barco de Valdeorras, Betanzos, Boiro, Cambados, Campolongo, Chantada, Dodro, Fene, Lugo, Mañón, Marín, Mazaricos, Meis, Moaña, Monfero, Monterroso, Mugardos, Muros, Narón, Oleiros, Ourense, Ponteareas, Pontevedra, Redondela, Ribadeo, Ribeira, Rubiá, Sandiás, Santa Comba, Santiago de Compostela, Soutomaior, Tordoia, Vigo e Ponte de Lima (Portugal).

Entre a vintena de artistas participantes no programa especial polo Día Internacional da Narración Oral figuran Aida Cobas, Alba de Vales, Amor Herrera, Ana Meilán, Ángeles Goás, Bea Campos, Brais das Hortas, Cándido Pazó, Carlos Rebolo, Charo Pita, Cris Collazo, Cris de Caldas, Inma Soto, Larraitz Urruzola, María Iglesias, Marta Ortíz, Monicreques de Kukas, Olga Abad, Pablo Díaz, Paco Nogueiras, Paula Carballeira, Pavís Pavós, Quico Cadaval, Raquel Queizás, Sole Felloza, Vero Rilo e Xabi do Camiño.

No Día Internacional da Narración Oral conmemórase a arte de narrar de viva voz e celébrase cada 20 de marzo, coincidindo co equinoccio de primavera. A festividade tivo a súa orixe en Suecia no ano 1991 e, aos poucos, fóronse engadindo outros países. Paula Carballeira, no seu manifesto, convida ‘a contar e contarse, poñendo o foco na importancia de dar luz ás voces silenciadas, agochadas, perdidas. Un convite a ser parte da historia, a ser inmortal… “se queres”’. Podes escoitalo aquí:


Publicidade

O deseño do cartel deste ano é de Raquel Boo.

cartel narracion 24 red
Cartel do Día Internacional da Narración Oral 2024. Deseño de Raquel Boo.

 

Programa completo de actividades

Estas son as actividades que o Festival Atlántica, o Colectivo de Narración Oral Galega (NOGA) e o festival Sete Falares están a desenvolver arredor do Día Internacional da Narración Oral (aínda que suxeito a modificacións que se poden consultar nas redes sociais das tres entidades):
𝟭𝟱 𝗱𝗲 𝗺𝗮𝗿𝘇𝗼
• Cándido Pazó. “Fala fala”. Auditorio Municipal, Ribeira
• María Iglesias. Estrebillando. CPI Plurilingüe da Picota – Mazaricos
Marta Ortiz e Brais das Hortas.“Casa casiña,casona”- Domaio (Moaña)
Pablo Díaz. Biblioteca de Mera (Oleiros)
Paco Nogueiras. Sesión de contos musicados no CEIP Balaídos de Vigo e no CEIP de Laredo de Redondela.
• Paula Carballeira. “Contos de meigas” no Salón do Libro de Pontevedra
Pavís Pavós. ‘Contos para bebés’ no Salón do Libro. Pazo da Cultura de Pontevedra
• Soledad Felloza. “Os mil trabalos das mulleres” Biblioteca Municipal de Muros
Quico Cadaval. Actuación no marco da Exposición “Antía Cal-unha mestra innovadora”-Vigo
𝟭𝟲 𝗱𝗲 𝗺𝗮𝗿𝘇𝗼
Cris De Caldas. “Menú máxico de contos”. Con Xabi do Camiño
• Vero Rilo. “Cacho animalada”. Santiago de Compostela
𝟭𝟳 𝗱𝗲 𝗺𝗮𝗿𝘇𝗼
• Paco Nogueiras. Espectáculo musical “C@nto Contigo” Auditorio de Redondela dentro co Ciclo de Teatro Infantil.
• Pavís Pavós. “A hora do conto”. Salón do Libro de Pontevedra
• Vero Rilo. “Cacho animalada”. Boiro
Larraitz Urruzola e os Os Monicreques de Kukas. “Viva Vivaldi”. Auditorio Hernán Naval. Ribadeo
𝟭𝟴 𝗱𝗲 𝗺𝗮𝗿𝘇𝗼
Inma Soto. “Xela, a superheroína de aldea”. CEIP Unión Mugardesa, Mugardos
• Paco Nogueiras. Sesión de contos musicados no CEIP de Reibón de Moaña e no CEIP A Xunqueira nº2, Pontevedra
• Paula Carballeira. Obradoiro de narración oral para o profesorado do CEIP Vales Villamarín, Betanzos
• Vero Rilo. ‘Elas’. Fene
• Sole Felloza. CRA de Meis
𝟭𝟵 𝗱𝗲 𝗺𝗮𝗿𝘇𝗼
Ana Meilán. ‘O que non quero esquecer’. IES Ánxel Fole (Lugo)
• Cris de Caldas. “De ida e volta”. En Ares. Con Amor Herrera (‘En branca e negra’)
• Vero Rilo. “Elas”. Carballeda de Avia
• Sole Felloza. “Bolboretas”. IES Terras de Xallas (Santa Comba)
Raquel Queizás. “Cinema de historias da man de Alice Guy”. MIL de Lugo
𝟮𝟬 𝗱𝗲 𝗺𝗮𝗿𝘇𝗼
• Aida Cobas, Ana Meilán e Carlos Rebolo. “Os contos tamén sanan” HULA (Hospital Universitario Lucus Augusti) de Lugo. Contada solidaria
• Aida Cobas e Carlos Rebolo. “Os contos tamén sanan” Centro Penitenciario de Monterroso. Contada solidaria
• Beatriz Campos. A nena e os tres osos. Sala Ártika, Vigo
• Cris de Caldas. “Residencia de anciáns” de Pontevedra. “Os fíos da memoria” Actuación Solidaria
• Charo Pita. 10.30 h. CEIP Virxe da Cela- Monfero
• Soledad Felloza. 17.30 h. Aula de Pediatría do Hospital Clínico Universitario de Santiago (CHUS)
• Charo Pita 18.30 h. Biblioteca Central de Arteixo
• Inma Soto. “Conta coa natureza”. CPI Mende, Ourense
• Inma Soto. “Aquí contamos todas”. CEIP Covadonga, Ourense. Programa Lecxit de Meniños. Contada solidaria
• Olga Abad. Hospital do Salnés. Función solidaria
• Paco Nogueiras. Sesión de contos musicados, CEIP Condesa de Fenosa, Barco de Valdeorras e no CEIP A Ponte de Ourense
• Paula Carballeira. “Historias de arrepío” en Ponte de Lima (Portugal) + obradoiro de narración oral
• Pavís Pavós. Funcións solidarias. Pontevedra:
o Cristina Collazo Gómez. Pediatría do Hospital Provincial de Pontevedra
o Ángeles Goás e Cris de Caldas. Residencia da Terceira Idade de Campolongo. Pontevedra
• Olga Abad, Hospital do Salnés, Pediatría
• Vero Rilo. “Animalario”, Dodro
• Vero Rilo. “Elas”, Chantada
• Sole Felloza. “Había unha vez…”. CEIP Sequelo. Marín
𝟮𝟭 𝗱𝗲 𝗺𝗮𝗿𝘇𝗼
• Alba de Vales e Inma Soto. “Pum, pum… contos que latexan”. CHUO, Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. Contada solidaria
• Bea Campos. A nena e os tres osos. Sala Ártika, Vigo
• Cris de Caldas. “Agasallo das árbores” Rubiá. Con Xabi do Camiño
• Charo Pita- Biblioteca Central de Rialeda
• Ana Meilán. FAMILIANDO XUNTOS. CEIP A GÁNDARA (Narón)
• Pavís Pavós. Este Queixo Queixolán. Espazo Apego Santiago de Compostela
• Olga Abad- “A máquina das historias”.Biblioteca de Arteixo
• Sole Felloza. “Paxariña de papel”- Biblioteca Juan Compañel. Vigo
• Raquel Queizás. “Cambio e conto” Biblioteca Municipal de Mañón
𝟮𝟮 𝗱𝗲 𝗺𝗮𝗿𝘇𝗼
• Cris de Caldas. “A maleta lila” Casa de cultura de Oubiña. Cambados
• Inma Soto. “Conta coa natureza”. CEIP de Prácticas, Ourense
• María Iglesias. “Coa palabra na boca”. Biblioteca Neira Vilas, Vigo
• Paula Carballeira. “Historias de arrepío” no IES Terra Cha
• Pavís Pavós. “A hora do conto”. Biblioteca de Soutomaior
• Sole Felloza. IES Pedra da Auga. Ponteareas
• Raquel Queizás. “Pai, chimpo de ra”. Tordoia
𝟮𝟯 𝗱𝗲 𝗺𝗮𝗿𝘇𝗼
• Cris de Caldas. “A maleta lila” Casa de cultura de Corvillón. Cambados
• Paco Nogueiras. Escolas por confirmar
𝟮𝟰 𝗱𝗲 𝗺𝗮𝗿𝘇𝗼
• Bea Campos. “Cinco ratiños de conto” Biblioteca de Oleiros
• Quico Cadaval “Antolóxica”. Corte dos Bois. Pinheira de Arcos. Sandiás

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Pintada homófoba na rúa Federico García Lorca de Bellavista de Aljaraque (Huelva). Imaxe de El Correo de Andalucía.

A Casa Colorida

Butacas |

A Xunta ofrece unha actividade formativa gratuíta sobre o deseño de programacións de artes escénicas