in ,

Teatro Airiños estrea en Rianxo ‘A vida de Brais’

Fará unha primeira función hoxe e outra mañá

A vida de Brais
'A vida de Brais'. Foto de Teatro Airiños.

O Auditorio de Rianxo acolle esta fin de semana a estrea da nova montaxe de Teatro Airiños, A vida de Brais. Haberá un primeiro pase hoxe, sábado, 5 de abril, ás 20:30, e outro mañá, domingo, día 6, ás 19:00 horas. A posta en escena está dirixida por Amantia Coello e foi levada a cabo grazas á colaboración da Deputación da Coruña e do Concello de Rianxo.

Sinopse

“Belén, 25 de decembro, ano 1 da nosa era. Xesús nace nun cortello e, no do lado, vén ao mundo Brais. Así comeza a nova montaxe de Teatro Airiños. Unha adaptación do filme A vida de Brian, e unha comedia de proporcións case bíblicas. Moito humor, cancións en directo e un amplo elenco nunha exhibición de personaxes e situacións hilarantes, nunha proposta digna de calquera teatro romano (ou galego)”.


Publicidade

De Castelao aos Monty Python

Segundo informa Airiños, comezan agora a xirar esta adaptación do filme do grupo inglés Monty Python, referentes do humor absurdo, mais continúan representando a súa montaxe anterior, As vellas non deben de namorarse. A súa versión do clásico de Castelao poderase ver no concello de Neda o vindeiro 26 de abril, e en Cerdedo-Cotobade o 11 de maio.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Foto: Cía. Martaalonsotejada

Marta Alonso Tejada estrea a nivel estatal Dance Join

'Early Works' de Lucinda Childs no Museu Serralves do Porto. Foto: André Delhaye.

Lucinda Childs en Serralves