in , , ,

A MITCFC gaña o Premio da Cultura Galega na modalidade de Artes Escénicas

Xurado dos Premios da Cultura Galega 2025
Xurado dos Premios da Cultura Galega 2025. Fonte: Xunta de Galicia.

O xurado dos Premios da Cultura Galega, presidido polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, reuniuse onte en Santiago de Compostela para distinguir os galardoados e galardoadas da edición deste ano. No acto, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, resolvéronse os recoñecementos outorgados nas modalidades de Letras, Artes Visuais, Artes Escénicas, Música, Audiovisual, Lingua, Patrimonio Cultural e Proxección Exterior.

Ao remate da mesma, fíxose pública a resolución das distintas categorías propostas, recaendo o da modalidade de Artes Escénicas na Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas. A de Letras foi para Editorial Galaxia, a de Artes Visuais para a Bienal de Arte de Pontevedra, a de Música para as Bodegas Martín Códax, a de Audiovisual para Baños Films, a de Lingua para a campaña ‘Aquí tamén se fala’, a de Patrimonio Cultural para Antón Corral, e o de Proxección Exterior para o programa de radio ‘Sempre en Galicia’.

Do xurado tamén formaron parte o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo; a directora xeral da Promoción da Igualdade, María Quintiana; o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López; o presidente da Real Academia de Belas Artes, Manuel Quintana Martelo; a vicepresidenta 2ª do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra, e María López Sández, en representación do presidente da Real Academia Galega. Tamén profesionais de recoñecido prestixio, como Esther Estévez, xornalista; Alberto Sueiro, director do Festival Internacional Outono de Teatro; Verónica Santos, directora de Acción Cultural na Fundación Cidade da Cultura, e Andrea González, pianista e directora do festival IKFEM. Ademais, exerceu como secretaria Mª Carmen Calviño, subdirectora xeral de Arquivos e Centros Museísticos da Xunta.

Con estes galardóns, a Xunta quere distinguir un ano máis “a excelencia creativa, a capacidade de intercambio, a experimentación e a proxección do panorama cultural da nosa Comunidade, así como o compromiso de proxectos, traxectorias e iniciativas que enriquecen a realidade e identidade cultural de Galicia”.

Redacción

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Inverno - Iván Mouronte

Atopémonos Bailando de Lugo celebra a súa IV edición

José Ruibal

A Deputación de Pontevedra afonda na figura do dramaturgo José Ruibal