in ,

Maggie O’ Farrel, Agnes, Chloe Zhao e Jessie Buckley

Montaxe fotográfica: Irene Moreira.
Montaxe fotográfica: Irene Moreira.

A historia da humanidade endexamais vai ser contada con ecuanimidade se evitamos á metade do xénero humano, ás mulleres.

É por iso que temos que agradecer a estas catro mulleres que teñamos unha nova perspectiva arredor de Hamlet e tamén de Shakespeare.

Iso so sucedeu cando en lugar de seguir escrutando a peza, erguemos a vista dos melindres e vimos arredor, Maggie traballou co que se sabía e co que non, iluminounos a través do contexto no que se escribiu a peza e, foi entón, cando comprendemos o nacemento dunha peza tan lida e tan analizada, case sempre desde o mesmo lugar, un cruce entre o patriarcado e a historia dos privilexios masculinos e que agora, como unha fotografía de época imos desvelando que non foi así.

O traballo de Chloe Zhao non quedou atrás e, grazas á grandeza do cinema, temos  unha nova dimensión, unha nova forma de entender a época e as relacións interpersoais, argumentos que soportan tantas veces as decisións que se toman ao longo da historia.

Teño moito en común con Agnes e dei en entendela e, aínda que o texto de Maggie xa me engaiolara, debo recoñecer que Jessie Buckley me puxo o coiro de pita.

Son nai de “mellizos” e igual ca ela entendo o que tan ben expresa o filme, cando te desvives polo bebé que tivo algún atranco no parto, feito moi común nos nosos días, pois agora imaxinade no século XVI.  Outra conexión persoal, e de seguro que non son a única, está na miña avoa, a da foto do artigo, que pariu, coma Agnes, a máis dun fillo no monte.  Esa mesma avoa, Mercedes, tiña un home que tamén era un “xenio” na época, José Moreira (o retratista), pero sen a sabedoría da miña avoa que, coma a protagonista, tampouco sabía nin ler nin escribir, non podería sobrevivir a familia enteira. Agnes e a miña avoa sabían todo da horta, das plantas e dos animais, sabían tanto que o patriarcado, moitas veces a través doutras mulleres, como unha vez máis reflexa a película, debían dar leccións a estas mulleres sabias para perpetuar un sistema de privilexios e sometemento. Sen elas, nada sairía adiante, nin a casa, nin as crianzas, nin a economía, nin os coidados, namentres estes homes loitaban por escribir, no caso de Shakespeare, e por facer fotos no do meu avó, porque el só quería facer retratos, así que como fotógrafo estupendo mais como compañeiro, mal, moi mal, como tamén supoño que William.

Hanmet non só  fala do contexto de Hamlet e de Agnes, tamén nos ofrece a posibilidade de entender a masculinidade non tóxica de Shakespeare, que non soporta a violencia do pai, un detalle contrafactual magnífico que nos deixa patente como as mulleres feministas contribuímos con feitos a denunciar a presión que o patriarcado tamén exerce nos homes.

Irene Moreira
Latest posts by Irene Moreira (see all)

Irene Moreira

Irene Moreira

(Vigo, 1980) Directora de escena e profesora de arte dramática. Actualmente dirixe a compañía teatral Xerpo, e, xunto con Álex Sobrino, fundou a Sala Ingrávida (Porriño), da que foi responsable de programación. Imparte docencia na ESAD de Galicia, traballo que combina co podcast 'Radio Ingrávida' e a experimentación co novo teatro confinado.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Matres, de Cia. Campi

Matres

Foto: Rubén Prieto.

Talía Teatro estreou ‘Artur Ui, o ovo da serpe’ no Rosalía