in ,

A Deputación de Pontevedra convoca o II Premio Castelao de Textos Teatrais

O prazo de presentación permanecerá aberto ata o vindeiro 15 de setembro

Foto do xurado do I Premio Castelao de Textos Teatrais
O xurado do I Premio Castelao de Textos Teatrais. Foto de Rafa Estévez.

O Servizo de Normalización Lingüística e Servizos Lingüísticos da Deputación de Pontevedra vén de convocar o II Premio Castelao de Textos Teatrais. Faino como continuación da homenaxe iniciada en 2025 ao escritor e dramaturgo Alfonso Daniel Rodríguez Castelao no 75º aniversario da súa morte, cando se convocou a primeira edición do premio, da que resultou gañadora a obra Khora, de José Luis Baños de Cos.

Nesta nova convocatoria poderán participar todas as persoas maiores de idade que presenten obras de teatro escritas en lingua galega de acordo coa normativa da RAG, inéditas, non premiadas en ningún outro certame nin levadas a escena en ningún espectáculo. O tema sobre o que versará a obra presentada será totalmente libre, pero valorarase o seu desenvolvemento nalgunha localización da provincia de Pontevedra.

As obras presentaranse preferentemente en soporte dixital, nun USB. En caso de optar pola presentación en papel, os orixinais serán enviados por duplicado, en exemplares separados, grampados ou encadernados, e indicando o número total de caracteres. O prazo de presentación rematará o día 15 de setembro de 2026.

Dotación

Outorgarase un premio único, dotado con doce mil euros. A contía do premio inclúe a adquisición dos dereitos de explotación da primeira edición da obra gañadora de ata un máximo de 800 exemplares, así como da edición dixital desta durante un período de cinco anos.

A obra premiada, a través do seu correspondente expediente de contratación, será publicada pola editorial adxudicataria na súa colección de teatro, e entregaránselle á súa autora ou autor vinte e cinco exemplares desta.

Consulta e descarga as bases completas do II Premio Castelao de Textos Teatrais

 

Redacción

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Presentación do proxecto 'Saúde, pracer, república e terra malva'.

UTE-pías Feministas recibirá o Premio Mulleres en Acción da MITCFC

Mala vida e pior morte do rei Ricardo III

O CDG desenvolve unha programación paralela arredor de ‘Hamlet’