A Panadaría
A Panadaría abriu o seu forno teatral en 2013 en Vigo. As súas fundadoras (Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman) amasan un teatro que renuncia aos elementos escenográficos para rebordar humor acedo, música vocal e unhas interpretacións lúdicas e habilidosas que levan por un camiño de transgresión hilarante e profundamente político. Nesta década de traballo creativo estrean as montaxes 'Pan!Pan!' (2013), 'Panamericana' (2015), a multipremiada 'Elisa e Marcela' (2017, en coprodución co Centro Dramático Galego) e 'As que limpan' (2022, en coprodución co Centro Dramático Nacional).