Berta Ojea
Berta Ojea desenvolveu unha longa carreira en cine, series de ficción e teatro. Traballou en producións estatais e internacionais con directores como Enrique Otero, Guillermo del Toro, Jorge Coira, Javier Fesser, Philippe Le Guay, Benito Zambrano, Alex De la Iglesia, Miguel Bardem, Carlos Alberti Riccelli, etc. En series de ficción como 'Rapa', 'La Reina del Sur', 'La Verdad', 'La Señora', 'La que se avecina', entre outras. No teatro fixo 'Amor de Don Perlimplin con Belisa en su jardín', 'Antígona', 'Un Espíritu Burlón', 'Las Chicas del Calendario', 'Fugadas', 'El manual de la buena esposa', 'La discreta Enamorada', 'Hipólito', etc. A súa formación máis relevante foi con John Strasberg, Juan Carlos Corazza e Peter Brook. Entre outros premios recibidos, destaca o máis recente: Premio Mestre Mateo 2023 á Mellor Actriz de Reparto por 'Rapa'.