Rochi Nóvoa
(Rosa María Nóvoa Vázquez). Escritora, poeta e activista cultural galega. Ademais de participar en múltiples obras colectivas, publicou os libros de poesía 'Versos e lúas' (2025); 'Arame e fío' (2024); 'Diagnóstico Poético os versos que levas dentro' (2023); 'Punk-dereta' (2021); 'MaXic' (2020) cun CD no que colaboran os membros de Zënzar; 'Instances' (2017); 'Muller de papel' (2015) con CD e poemas musicados por Nacho Martínez, Daniel Soldevilla, Servando Barreiro, Daniel Minimalia, INIBO, Castor Pérez e Antonio I. Fernández; 'Farrapos de boneca' (2013) con CD e poemas musicados por Nacho Martínez, Daniel Soldevilla, Servando Barreiro e Antonio I. Fernández; 'Sen ti son eu' (2012) e 'Cos pés na terra e a alma na lúa' (2012). Tamén publicou artigos en xornais como 'Diario do Támega', 'Follas caducas', 'Ourense na Rede' ou 'Nós Diario'. En xullo de 2024 publicou cinco relatos sobre a súa avoa en 'Nós Diario': "A maxia da avoa". En 1992 e 1993 creou a Asociación Cultural O Bouzo e a Asociación Xuvenil A Carreira Coba, época na que comezou a editar o xornal 'O Voceiro do Pobo' coa colaboración dos negocios locais do Concello de Xunqueira de Ambía. Foi fundadora e promotora do Tangaraño Cultural de Sobradelo e desde 2013 é a presidenta desta asociación.


