Eli ten a primeira menstruación. Consciente do seu corpo, xa non quere ser unha nena. A nai envíaa a coidar da avoa, e polo camiño atópase con Mar, a súa mellor amiga. Eli vibra de vida. Experimenta sensacións que antes non percibía. Fala con Mar de desexos, de amor, de medos, de ilusións. Aparece Pucho, un rapaz que lle gusta e todas as fantasías vanse transformar nunha horrible realidade.
Personaxes: Eli, Pucho, Mar, Cris, Nai, Pai.
Estrea: A obra foi representada por primeira vez na XVIII Mostra de Teatro de Ensino Secundario do Morrazo (MOTESMO) e aínda que vai dirixida fundamentalmente á adolescentes e recomendable, tamén, para público adulto.
Ilustracións: As ilustracións, moi suxestivas para unha posible escenografía, son da autoría de Julia Abal.
Comentarios: Inclúe orientacións para a montaxe.