Esta publicación, fundada en 1985 por Juan Antonio Hormigón e dirixida actualmente por Manuel F. Vieites, recolle neste número ademais de 2 Editoriais, información sobre os Premios ADE 2019 que concede a revista cada ano ás persoas que exercen diferentes oficios e tarefas relacionadas co teatro: Dirección Escénica, Labor Teatral , Premio de Honor Juan A. Hormigón, Xoves Directores Emerxentes, Escenografía, Figurinismo, Iluminación, Estudos Teatrais e Tradución Teatral. Amais inclúe unha entrevista coas persoas premiadas.
Outra sección está dedicada ás Novas Formas da Escena Europea, ofrecendo entre outros, artigos sobre as novas formas do teatro documental, a dramaturxia da videoescena, tendencias e directores no teatro polaco, as novas formas do teatro en Francia, en Grecia, en Berlín ou no Reino Unido.
O Texto Teatral é Brecha (Fenda) de Rodrigo Francisco. En Notas de Dirección escriben Agustín Iglesias sobre “ Libro de Buen Amor” e Etelvino Vázquez sobre “Valle Inclán y la condición humana: nuestro diptico de avaricia, lujuria y muerte”.
In Memoriam, escriben Guillermo Heras sobre Angel García Pintado e Mercé Saumell sobre Josep Maria Benet i Jornet.
Outras seccións: Libros, Axenda, Noticias de la Ade, Noticias Asociados.