in

O Teatro do Noroeste – CDV continúa coas presentacións de ‘Rottweiler’

Rottweiler
A compañía Teatro do Noroeste – Centro Dramático de Viana do Castelo continúa coas presentacións de Rottweiler, texto de Guillermo Heras con dirección de Ricardo Simões. O espectáculo, que chegará a Vigo o 26 de novembro, visita o próximo sábado o Teatro Lethes, en Faro. |Foto: Leonardo Silva|

 

Rottweiler é unha peza polémica e inquietante na que un xornalista de investigación entrevista en directo a ‘Rottweiler’, un skin-head extremista que defende a súa ideoloxía de forma intransixente en horario televisivo de máxima audiencia. Entres os variados temas abordados na conversa, a proposta destaca a violencia e a manipulación que exercen os medios de comunicación.

A peza, interpretada por Alexandre Calçada e Tiago Fernandes, foi estreada en 2019 e presentada en diferentes cidades do Estado como é o caso de Sevilla, Badajoz, Cáceres ou Zaragoza. De igual modo, o espectáculo circulou tamén por diversas prazas portuguesas como  Lisboa, Braga, Coimbra, Cacém, Maia, Póvoa de Varzim e Setúbal.


Publicidade

Unha das últimas paradas deste 2020 para Rottweiler será en Vigo o 26 de novembro antes de partir rumbo a São Paulo e Rio de Janeiro en maio e xuño dentro da xira prevista para 2021 e que inclúe tamén a visita a Cabo Verde en novembro do próximo ano.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Paula Quintas

Paula Quintas estrea SET no Festival Plataforma

Xornadas profesionais Escena Galega

Escena Galega manifesta a súa preocupación polas medidas restritivas que afectan ás artes escénicas