in

Vaya circo!

0b7e43ef2836231c14bd29dd751fb825 |

Asuntos aéreos

Camilo Franco

0b7e43ef2836231c14bd29dd751fb825 |

 

Desde o imperio romano o público valora o perigo dos artistas. Dentro e fóra dos escenarios. Hai unha relación directa e canto maior parece o risco maior parece o disfrute dos espectadores. En moitas ocasións sen distinguir moito o risco para os intérpretes e o risco dos personaxes. Menos no circo, que non debería haber diferenzas. Desde que o circo abandonou as carpas, ou desde que as carpas van desaparecendo, hai diferenzas neste asunto e os números que antes eran entrar, facer o número e saír, agora van enredando, asumindo a posta en escena, facendo personaxes por limitados que sexan, van meténdose na necesidade de contar unha historia que poña sentido aos números que antes quedaban xustificados na dificultade e na habilidade para superala. Desde que non van quedando carpas, unha grande parte dos artistas circenses teñen que asumir algo dos pallasos porque, ao final, é do clown de onde tiran esa parte que serve para chamar a atención dos público, esa parte que vai antes dos números. Desde que o circo deixou as carpas todo o mundo ten obriga de saber algo de humor. Sobre todo na rúa.

Seguindo a tendencia Kanbahiota Trupe aproveita dálle un para de voltas ao circo ese que todo o mundo ten na cabeza aínda que non é seguro de que teña existido para tirar del os personaxes e ir enredando aos espectadores antes entrar en materia cos aparellos, cas alturas e cos números que, verdadeiramente son o centro do seu espectáculo. Mentres non abandonan o chan reclaman a atención dun público que, como todo o que está nunha praza, ten propensión a distraerse ou a esperar con calma a que pase algo. Dado que o humor volveuse un requisito imprescindible como prólogo a calquera outra cousa, dado que o clown xa non pode quedar fóra do xeito en que os acróbatas teñen que relacionarse cos espectadores, quizais estarían ben que os números de pallasos non fosen intercambiables entre uns espectáculos e outros. Non é imprescindible, claro. Pero estaría ben que ese humor que se presenta como inevitable tivese, por exemplo, algunhas das marcas de nivel dos números que van vir despois. Algo menos, aínda que sexa.

Kanbahiota fan un pallaso lixeiro e bastante despreocupado, mesmo sen ser tópico.  Van trasladando os ollos dos espectadores desde o chan ata o aire. No aire é onde pasan as cousas de verdade neste espectáculo e aquí a trupe consegue que o público se concentre nesa suspensión estraña que pode provocar un trapecio. Os números da compañía son limpos, coreografados e destemidos, Asumindo esa maneira de facer do circo no que os números son os números e non precisan doutra cousa. Os personaxes dese circo do que fala a compañía chegan ata os aparellos aínda que sexa dunha forma moi esvaída, pero chegados a esta altura xa non ten importancia.

 


Publicidade

Vaya circo! de Kanbahiota Trupe
Elenco: Abraham Pavón, Rosina Castelli y Anselmo Lobezno
Festiclown Vilagarcía. Praza de Galicia, Vilagarcía de Arousa. 14 de agosto de 2015.

 

 

 

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

a house in asia |

A house in Asia

bivalvos como galegos |

Bivalvos como galegos