Santiago, 31 de marzo.- A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) lamenta o falecemento do noso compañeiro e asociado Mateo González e quere transmitirlles aos seus familiares e amigos o noso pesar e apoio nestes momentos.
Nacido en Pontedeume en 1982, Mateo González era unha novo valor da interpretación do noso país. Formado na Escola de Teatro de Narón, o seu traballo interpretativo desenvolveuse tanto no audiovisual coma no teatro. Na televisión, traballou nos últimos anos en series como Amar es para siempre, Luci ou, na actualidade, en Fontealba e Serramoura. No cine, Mateo González traballou en fitas como El desconocido, dirixida por Dani de la Torre.
No ámbito teatral, participou en montaxes como Love Room, dirixida por Carmen Blanco no ano 2015, La cita, tamén de Carmen Blanco no ano 2014, ou Piel de salitre, de Luis Vivancos (2013).
A AAAG lembra así ao noso compañeiro e ao seu traballo, mandándolle todo o agarimo por parte de toda a familia que é esta profesión, da que forma parte e coa que se reuniu o pasado mércores na cerimonia de entrega dos María Casares.