Os días 29, 30, 31 de outubro e 1 de novembro celébrase en Santiago de Compostela a XVI edición do Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán, organizado pola Federación Galega de Teatro Afeccionado (Fegatea), grazas a un convenio coa Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia e a colaboración do Concello de Santiago e o CDG (Centro Dramático Galego).
Nesta edición teremos ocasión de ver unha ampla oferta de obras de diversos estilos e temáticas que van dende o musical infantil ata o drama Lorquiano pasando por fábula dramática.
Tamén haberá unha dupla oferta de teatro destinado aos máis pequechos.
Contaremos coa presenza de grupos que nos amosarán as súas propostas e que veñen de distintas localidades da xeografía galega.
O prezo das entradas –tamén a venda na Taquilla electrónica de Abanca– é de 3 euros por función.
Programación
Domingo, 29. 18.00 h.
Animación de rúa nas inmediacións do Teatro Principal e Salón Teatro a cargo do grupo Lohengrín Teatro: A mirada das bolboretas.
Domingo, 29. 19.00 h. Teatro Principal
Ás portas. Grupo de Teatro Paso de Valverde (Arteixo). Todos os públicos. Drama
Domingo, 29. 21.00 h. Teatro Principal
Peer Gynt (Suite Primeira) Teatro Escoitade (Vigo). Todos os públicos. Fábula dramática
Luns, 30. 19.00 h. Salón Teatro
Quero ser maior! Axoúxere Teatro (Oleiros). A partir de 7 anos.Infantil Musical
Martes, 31. 21.00. Salón Teatro
Maniféstate! Andaravía Teatro (Vedra). Todos os públicos. Comedia
Mércores, 1. 19.00. Teatro Principal
Misterios. O Aturuxo de Melpómene. (Narón) Infantil. Comedia
Mércores, 1. 21.00. Salón Teatro
Bernarda. Lohengrín Teatro. (Vigo) Drama. Todos os públicos