PUBLICIDADE

O Teatro Principal de Santiago acolle o vindeiro mércores, ás 20,30 h., a estrea de O servidor de dous amos, de Talía Teatro, cunha serie de catro representacións que se estenderán ata o sábado 17. O espectáculo é ademais a primeira estrea da temporada dentro da carteleira da Rede Galega de Teatros e Auditorios en Compostela.

O servidor de dous amos é unha reinvención da obra de Carlo Goldoni, autor clásico da Commedia dell’Arte. Igual que daquela a sociedade italiana era retratada de forma cómica e irreverente, a versión de Talía Teatro propón un “xoguete escénico”onde os contratos matrimoniais son substituídos por contratos de construción, onde nobres e mandatarios son remprazados por empresarios e políticos, onde a vida mesma da nosa sociedade é retratada con irreverencia e descaro.

Con esta peza, a compañía pretende “intentar respectar o verdadeiro espírito da Commedia dell’Arte, do teatro renacentista italiano: a procura da innovación polo uso de todas as novidades escénicas posibles, a persecución do espectáculo total, unha obra que sexa capaz de deixar abraiado a todo o público presente”.

O ritmo, a comedia e o humor da peza orixinal son respectados, pero procúrase incorporar tamén novas formas de teatralidade nesta adaptación de Diego Rey que el mesmo dirixe. O elenco confórmano Xurxo Barcala, Toño Casais, Marta Lado, María Ordóñez, Diego Rey, Marta Ríos, Artur Trillo e Dani Trillo.

Compartir

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on email

PUBLICIDADE

PUBLICIDADE

PUBLICIDADE

Relacionado

PUBLICIDADE

Deixar un comentario

Subscríbete

Recibe as novas, artigos, entrevistas e contidos da Erregueté para que non perdas unha!

erregueté en papelSúmate ao movemento #erreguelove!

Por só 20 euros ao ano recibirás dúas revistas coa edición de textos dramáticos