in

Teatro Aforo convoca o certame de microteatro ‘Breverías teatrais’

breverías |

Breverías un ciclo dedicado ao microteatro nas Artes escénicas.

O Microteatro é unha nova forma de percibir e facer teatro, unha experiencia que reta as convencións. Este xénero, que reduce considerablemente as distancias, permite ao espectador integrarse dunha forma máis próxima ao espazo de representación, e aos actores unha interacción máis intensa co seu público.

A peza representada é de formato breve, cunha duración inferior aos 20 minutos para un reducido número de espectadores e nun espazo de pequenas dimensións.

Outra das súas características é a celebración de varias obras de forma simultánea e en sesión continua.

Teatro Aforo propón esta iniciativa cultural co fin de fomentar e promover as Artes Escenicas na cidade de Vigo, incitando así á creación e produción de textos e escenarios.

 

Onde se desenvolve?

Na sede de Teatro Aforo (rúa Colombia, 40, interior).

 


Publicidade

A quen vai dirixido?

Esta é unha convocatoria dirixida a novos creadores teatrais e persoas interesadas no mundo do teatro, profesionais e afeccionados, que cumpran os requisitos das seguintes bases:

* As propostas deberán ser orixinais e inéditas ou tamén poderán ser versións e adaptacións de outros xéneros literarios. Responderán aos seguintes apartados:

A) Propostas escénicas realizadas por grupos e compañías: textuais ou xestuais.

B) Propostas de textos dramáticos, que poderán ser representadas polo equipo de Teatro Aforo.

  • A admisión de propostas ten carácter permanente e se realizará dende a publicación desta convocatoria.
  • Cada grupo ou compañía farase cargo de levar a cabo as xestións pertinentes en canto aos dereitos de autor do texto, a música, as imaxes e outros materiais de terceiras partes da súa proposta. Teatro Aforo non se responsabiliza de ningún incidente relacionado co presente aspecto.
  • As pezas poden presentarse tanto en galego como en castelán.
  • A duración da peza debe oscilar entre un mínimo de 13 minutos e un máximo de 15-20 minutos.
  • A temática das obras é libre. As propostas poden enmarcarse dentro das pezas cómicas ou dramáticas, quedando descartadas monólogos de estilo “stand up comedy” e propostas abstractas ou conceptuais.
  • As propostas serán valoradas de conformidade cos criterios de orixinalidade e calidade tanto do texto como da posta en escena, e conforme á programación de Teatro Aforo.
  • Documentación necesaria: dossier e CD do espectáculo completo, texto completo, ficha técnica e artística e cartel. Os traballos non seleccionados poderán recoller a súa documentación na sede de Teatro Aforo no prazo dun mes despois da súa presentación.
  • Envío da documentación á dirección electrónica: [email protected] ou á dirección postal, rúa Colombia, 40, interior, 36204. Vigo.
  • A selección definitiva das propostas será feita por Teatro Aforo, quen se reserva o dereito de solicitar ás propostas presentadas unha demostración ou ensaio para comprobar o nivel e calidade da produción.
  • As propostas seleccionadas levarán o 50% do que recaude o seu traballo na billeteira durante os dous días de representación; toda vez que farán 3 pases diarios e que as entradas terán prezos de 3, 5 e 7 euros, en función do número de salas que van ver os espectadores.
  • Os días de representación serán: sábado e domingo da última fin de semana de cada mes. Realizaranse tres pases diarios de cada proposta.
  • A posta en escena das obras axustarase ás condicións dos espazos cos que conta Aforo Teatro:
    Sala naranja: 4m. x 12 m.
    Sala vermella: 4,10 m. x 3,70 m.
    Sala verde: 3,45 m. x 8,05 m.
  • Teatro Aforo, como promotor desta convocatoria, resérvase o dereito de facer modificacións e tomar iniciativas non reguladas nas bases, sempre que contribúan ao mellor desenvolvemento da actividade.

A compañía comprométese a:

  • Facer as representacións nas datas acordadas con Teatro Aforo.
  • As obras participantes non poderán ser exhibidas noutros eventos ou salas de teatro da cidade nos 15 días anteriores á súa programación en Teatro Aforo.
  • Colaborar con Teatro Aforo para a gravación, reprodución e difusión de imaxes do espectáculo na súa páxina de Facebook, sen que por iso deveña o autor ningún tipo de rendemento económico.
  • Realizar a produción completa da súa posta en escena, incluído o traslado da escenografía ao Teatro Aforo.
  • Deixar as instalacións de Teatro Aforo no mesmo estado de orde e limpeza no que atopou.

Teatro Aforo comprométese a:

  • Programar, durante dous fins de semana, non consecutivas, as propostas seleccionadas.
  • Realizar a difusión e publicidade do evento, tanto en prensa escrita como nas redes sociais.
  • Ofrecer unhas instalacións ordenadas e limpas, así como facilitar o material dispoñible na sala.

A participación neste evento implica a aceptación destas bases.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Residencias paraíso |

Oito novos proxectos de danza nas Residencias RPM

TeatroUniversitarioLugo |

XXIV Festival de Teatro Universitario de Lugo