in

A ilustradora Xulia Vicente deseña o cartel dos XXII Premios María Casares

CartelMCXXII cópia |

Os XXII Premios de Teatro María Casares, organizados anualmente dende 1997 pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) celebraranse o vindeiro mércores 21 de marzo no Teatro Rosalía Castro da Coruña cunha gala conducida por Talía Teatro baixo a dirección de Artur Trillo, interpretada por Xurxo Barcala, Rubén Prieto, Marta Lado, Marta Ríos, Diego Rey, Dani Trillo, María Ordoñez e Toño Casais e o acompañamento musical do Coro Encaixe. Durante a gala, Rosa Álvarez recibirá o Premio de Honra e Aldaolado lerán o Manifesto Galego no Día Mundial do Teatro.

Ademais, este ano, os premios contan cunha novidade en referencia ao deseño gráfico, xa que o cartel desta edición leva a sinatura da ilustradora Xulia Vicente. Deste xeito, A AAAG busca fomentar as relacións creativas entre as artes escénicas e o mundo da ilustración. A partir desta edición, os María Casares pretenden contar coa colaboración de ilustradores e ilustradoras de recoñecido prestixio como Xulia Vicente.

Xulia Vicente (1993, Cariño). Cursa o grao en Belas Artes en Valencia. O seu primeiro libro combina banda deseñada con relato escrito e publícase en 2016: Anna Dédalus: El misterio de la mansión quemada (Andana Editorial), con Miguel Ángel Giner Bou e Núria Tamarit. Máis adiante séguenlle Duerme pueblo (Ediciones La Cúpula), de novo xunto a Núria Tamarit, e Ari, cazador de dragones (Sallybooks) con guión de Manuel Gutiérrez. Participa noutras publicacións como Licor Café (Demo Editorial) ou Voltio (Ediciones La Cúpula), e en diversos fanzines (Sacoponcho ou Nimio entre eles).


Publicidade

 

Podes acceder aquí a máis información sobre os Premios María Casares deste ano.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

libraria8 |

Libros: novidades

Ez aviador |

Entrevista a João Pinto de Projeto Ez