“Enxebre” é o programa de adestramento en danza de Corpo (a) terra, o festival de danza e artes do corpo de Ourense.
Dúas fases de catro días, 5 horas e media de formación diarias, actividades colaterais, máis de 8 profesionais implicados e coa dispoñibilidade absoluta dun espazo no que compartir información, experiencias e danza.
O programa de formación de Corpo (a) terra concíbese como unha experiencia intensiva e preprofesional de adestramento en danza. Trátase dunha preparación moi física para a danza dirixida por máis de oito profesionais que imparten obradoiros durante oito días de encontro e convivencia. Pensado para persoas interesadas nunha formación en danza de nivel medio-alta. Profesionais ou estudantes de danza e artes do movemento: circo, teatro físico, performance… E abraza a participantes que viven a danza desde un lugar “amateur”.
Desde 2015 está en marcha este formato de programación de talleres que cada ano convoca a un maior número de participantes. Estudantes do programa e artistas involucradxs no festival, pasan a formar parte dunha convivencia arredor da danza e ao intercambio de experiencias.
Este ano están entre xs profesorxs: Jurij Konjar, Tina Halford, Jesús Rubio Gamo, Raúl Martínez ou Victoria P. Miranda.
Pódense ler as condición de inscrición aquí.