in

Rolda internacional: 11 / 05 / 2018

FaustCastorf |
Volksbühne am Rosa-Luxemburg-Platz, Berlin "FAUST" Premiere: 3.3.2017, Regie: Frank Castorf, Bühne: Aleksandar Denic, Kostüme: Adriana Braga, Licht: Lothar Baumgarte, Kamera: Andreas Deinert, Mathias Klütz, Adrien Lamande, Videoschnitt: Jens Crull, Maryvonne Riedelsheimer, Ton: Tobias Gringel, Christopher von Nathusius, Tonangel: Dario Brinkmann, William Minke, Dramaturgie: Sebastian Kaiser v.l.: Lars Rudolph, Hanna Hilsdorf, Alexander Scheer, Copyright (C) Thomas Aurin Gleditschstr. 45, D-10781 Berlin Tel.:+49 (0)30 2175 6205 Mobil.:+49 (0)170 2933679 Veröffentlichung nur gegen Honorar zzgl. 7% MWSt. und Belegexemplar Steuer Nr.: 11/18/213/52812, UID Nr.: DE 170 902 977 Commerzbank, BLZ: 810 80 000, Konto-Nr.: 316 030 000 SWIFT-BIC: DRES DE FF 810, IBAN: DE07 81080000 0316030000

Ata o 21 de maio, desénvolvese en Berlín o Theatertreffen, no que se repón o Fausto de Frank Castor, unha montaxe de sete horas na que se reflexiona sobre os valores da civilización que deu lugar á monumental obra de Goethe. Castorf dirixiu o Volksbühne durante un cuarto de século antes de ser despedido para dar entrada a Chris Dercon, ex director da galería Tate Modern de Londres. Dercon tomou posesión o pasado mes de setembro, pero hai pouco máis de dúas semanas, dimitiu ante as numerosas críticas que provocou a substitución.

Web do Theatertreffen


 

Xa se pode consultar o programa de Dance Umbrella, o festival de danza de Londres, que cumpre corenta anos. Do 26 de setembro ao 21 de outubro, estarán presentes figuras como Dimitris Papaioannou, Wen Hui ou Big Dance Theatre

Web oficial do festival


 

Xa se coñecen as nomeacións aos Premios Tony, os máis importantes do teatro estadounidense, que se entregarán o 10 de xuño. ‘Angels in America’, dirixida por Marianne Elliott, parte co maior número de nomeacións acadado na historia do galardón por un espectáculo: once. Podedes velas aquí:

Web oficial dos Tony Awards


 

O Merce Cunningham Trust anunciou unha celebración global do centenario de Cunningham na que participarán máis de 60 compañías de todo o mundo. A celebración comezará no outono de 2018 e continuará ao longo de 2019.

Participarán compañías e entidades como The Royal Ballet, Rambert, Dance Umbrella, Paris Opéra Ballet, Festival d’Automne à Paris, The Joyce Theater, La Villette, Le Centre national de la dance, Lyon Opera Ballet, Montpellier Danse, the National Center for Choreography da University of Akron, New York City Center, NYU Skirball Center for the Performing Arts, R.B. Jérôme Bel, Royal Ballet Flanders, Spectrum Dance Theater, Stephen Petronio Company, Sydney Dance Company, Theatre de la Ville, Theatre du Châtelet, The Washington Ballet e moitos máis.

https://www.dancing-times.co.uk/_merce_cunningham_centennial


 

Julie Cunningham dirixe un espectáculo de danza baseado no Crave (Degoiro) de Sarah Kane.


Publicidade

A noticia en The Guardian


 

The Guardian finaliza a súa relación contractual coa crítica e xornalista de teatro Lyn Gardner despois de 23 anos. Gardner está considerada unha das máis prestixiosas referencias da crítica teatral inglesa.

Numerosas persoas relevantes do sector lamentaron este cese e algunhas como a subdirectora da Royal Shakespeare Company, Erica Whyman, tildárono de  “curto de miras”.

A noticia en The Stage


 

Por primeira vez en corenta e cinco anos, e nove despois da morte de Pina Bausch, dous coreógrafos crean pezas para a lendaria compañía Tanztheater Wuppertal. Os dous elixidos son Dimitri Papaioannu, que estreará a súa coreografía o 12 de maio, e Alan Lucien Oyen, que estreará o 2 de xuño.

Web oficial da compañía


O West End de Londres vai programar todas as obras en un acto de Harold Pinter para conmemorar os dez anos do seu falecemento. Serán 20 obras en 24 semanas, dirixidas por directores como Jamie Lloyd, Lyndsey Turner ou Patrick Marber, e interpretadas por actores como Martin Freeman, Jane Horrocks, Tamsin Greig, David Suchet e Danny Dyer.

Pinter, premiado co Premio Nobel de Literatura en 2005, é considerado un dos dramaturgos máis influentes e provocadores da súa xeración. A palabra Pinteresque – longas pausas, ameaza escondida – mesmo aparece no Oxford English Dictionary.

A noticia en The Guardian

 

 

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Achádego |

Achádego Teatro celebra o seu 30º aniversario coas xornadas “Experiencias Teatrais”

FestaPrincipal1 |

Festa do Teatro no Principal de Compostela