Centos de teatros manifestan a súa solidariedade ante a dor e a rabia causada pola violencia racial e ofrecen recursos e comprométense a camiñar por vieiros máis equitativos. Varios teatros de Nova York –pechados durante meses por mor da pandemia– comezan a abrir de novo as súas portas, non para abrilas a novos espectáculos, […]
Etiqueta: Internacional
O Teatro Nacional de Albania, demolido para crear un centro comercial
Centos de manifestantes en Tirana enfrontáronse coa policía o pasado domingo despois de que o goberno albanés comezase a derrubar o histórico Teatro Nacional, nunha decisión que resulta imperdoable para milleiros de albaneses, que saíron á rúa a protestar contra o que consideran unha “deriva ditatorial” do goberno do primeiro ministro, Edi Rama. | M. […]
Os teatros de ópera europeos estiman unhas perdas de 145 millóns de euros
Unha enquisa realizada por Opera Europa sobre unha mostra de 70 dos seus teatros membros revela unha perda de ingresos de 145 millóns de euros entre marzo e xullo, unha media de máis de 2 millóns de euros cada un. Nicholas Payne, director de Opera Europa vén de facer pública unha carta na que […]
A Bienal de Venecia anuncia novas datas para os festivais de teatro e de danza
A Bienal de Venecia anunciou onte novas datas para os festivais de teatro e de danza, confirmando tamén as datas dos certames de arquitectura, cinema e música, logo da reformulación do calendario por mor da pandemia de Covid-19. De acordo cun comunicado divulgado pola organización, o 64º Festival Internacional de Teatro, dirixido por Antonio […]
Distintas respostas europeas ante as ameazas da Covid-19 ao sector cultural
A crise provocada pola pandemia deixa en evidencia a fraxilidade das estruturas culturais en toda Europa, nas que se xuntan unha elevada porcentaxe de autónomos e empresas de menos de dez traballadoras, a contratación a tempo parcial e a flexibilidade laboral e un acceso moi limitado ou nulo a prestacións sociais. O peche de teatros, […]
Rolda Internacional: 7 / 08 / 2019
O pasado 31 de xullo, faleceu aos 91 anos Harold Prince, director e produtor, e a persoa que máis premios Tony recibiu, un total de 21. Prince era unha verdadeira lenda en Broadway, onde dirixiu musicais míticos como O violinista no tellado, Cabaret, Zorba, Follies, Sweeney Todd, Evita ou O fantasma da ópera. Prince traballou con […]
Rolda Internacional: 27 / 06 / 2019
O artista chinés Ai Weiwei vai realizar o seu primeiro traballo nas artes escénicas cunha versión do Turandot de Puccini que terá dirección escénica, escenografía e vestiario do artista. A obra estrearase o 24 de marzo de 2020 no Teatro dell’Opera di Roma. A ópera, que tivo a súa orixe na obra de teatro de […]
Rolda Internacional: 27 / 05 / 2019
A Ópera Nacional de Hungría estreou unha versión de Porgy & Bess cun elenco formado por persoas de raza branca. Os herdeiros de George Gershwin denuncian a falta de respecto polas indicacións do compositor, que indicaba que a ópera debía ser interpretada por cantantes negros. O pasado ano, a Ópera de Budapest suspendeu o musical […]
Faleceu o mestre Eimuntas Nekrosius
O director lituano Eimuntas Nekrošius (Pažobris, 1952), un dos máis famosos directores de teatro internacional, morreu subitamente na noite pasada nunha clínica de Vilnius, onde foi hospitalizado no seu retorno dunha viaxe ao exterior. O director tería cumprido mañá 66 anos. Logo de graduarse no Instituto Lunacharski de Moscú, foi durante anos o director do […]
Rolda Internacional: 28 / 10 / 2018
Os eventos que celebran a entrega do XVII Premio Europa de Teatro realizaranse en San Petersburgo do 13 ao 17 de novembro. As celebracións inclúense no programa do VII Fórum Cultural Internacional de San Petersburgo. Este ano, o laureado polo Premio Europa de Teatro é Valery Fokin, director do Teatro Alexandrinsky de San Petersburgo e fundador […]
Rolda Internacional: 6 / 10 / 2018
Na imaxe: unha escena de Am Königsweg, de Elfriede Jelinek, dirixida por Falk Richter. Foto: Arno Declair. A controvertida obra de Robert Lepage, Kanata, será producida polo Théâtre du Soleil en París. A produción, que trata sobre as relacións entre as nacións indíxenas e os colonos de Canadá, foi criticada e denunciada por apropiación cultural […]
Rolda Internacional: 13 / 08 /2018
Romeo Castellucci debutou no Festival de Salzburgo cunha versión de Salomé, de Richard Strauss, que concitou o aplauso da crítica e o público. Castellucci amosa un mundo dourado (o do rei Herodes) cheo de buratos negros coma o calabozo de Xoán. A posta en escena está chea de potentes imaxes oníricas –coma a do cabalo […]
Rolda Internacional: 16 / 07 / 2018
Ivo van Hove e Anne Teresa De Keersmaeker colaborarán nunha nova versión de West Side Story para “traer a historia ao século XXI”. A estrea está prevista en Broadway, en decembro de 2019. Ainda que polo de agora se coñecen poucos detalles, o elemento máis audaz consiste no afastamento completo da coreografía orixinal de Jerome […]
Rolda Internacional: 28 / 06 / 2018
A Ópera de Budapest suspende o musical ‘Billy Elliot’ tras unha campaña homófoba que asegura que a obra ‘incita á homosexualidade’ aos mozos. A campaña foi iniciada por un medio de comunicación próximo ao goberno de Viktor Orbán. A Ópera de Budapest, non obstante, desmente que as funcións fosen canceladas pola campaña mediática, e atribúe […]
Rolda Internacional: 3 / 06 / 2018
O pasado día 15 morreu o dramaturgo irlandés Tom Murphy aos 83 anos de idade. Ligado ao Abbey e ao Druid Theatre, o multipremiado autor era unha institución viva do teatro irlandés. As súas obras foron representadas en todo o mundo e, desde 1984 ata a súa morte, Murphy tivo unha asociación significativa co Druid […]