in

Os teatros de ópera europeos estiman unhas perdas de 145 millóns de euros

Empty Theatre |
Unha enquisa realizada por Opera Europa sobre unha mostra de 70 dos seus teatros membros revela unha perda de ingresos de 145 millóns de euros entre marzo e xullo, unha media de máis de 2 millóns de euros cada un.

 

Nicholas Payne, director de Opera Europa vén de facer pública unha carta na que revela os resultados desta enquisa e na que advirte que “un mes despois de pechar, con varios meses máis de silencio por diante e sen constancia de cando se poderán retomar as actuacións públicas” os teatros de ópera enfrontan “unha crise existencial”.

“Como se pode salvar o rostro humano da ópera para que poida continuar enriquecendo a vida e a saúde mental das persoas?”, pregúntase o director de Opera Europa na carta. “O sector da ópera respecta a necesidade de distanciamento social e cumprirá o seu papel na salvagarda da vida de artistas e público. O seu dilema é que o teatro é a forma máxima de expresión social, pero é este carácter comunitario o que obrigou a pechar os teatros”.


Publicidade

Payne lembra como a ministra de cultura alemá, Monika Grütters foi unha das primeiras en recoñecer o valor millonario das industrias culturais e púxoa como exemplo de actuación ante a crise cando declaraba que “non é doado reconstruír as estruturas que creceron nos sectores da cultura e dos medios … A cultura non é un luxo decorativo ao que achegarse só nos bos momentos. Agora vemos canto necesitamos deles –especialmente no que respecta á cohesión social”.

Payne remata instando aos “organismos públicos e privados de toda Europa” a que apoien esta “necesidade existencial” durante o próximo ano, mentres as compañías de ópera realizan “os dolorosos axustes necesarios para sobrevivir e reabrirse”.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

college registi |

A Bienal de Venecia anuncia novas datas para os festivais de teatro e de danza

soncc83ovoadora1 |

Voadora prepara unha adaptación do ‘Othello’ de Shakespeare para 2021