in

Teatros dos Estados Unidos amosan a súa solidariedade co movemento Black Lives Matter

stage west theatre 1 |
Centos de teatros manifestan a súa solidariedade ante a dor e a rabia causada pola violencia racial e ofrecen recursos e comprométense a camiñar por vieiros máis equitativos.

 

Varios teatros de Nova York –pechados durante meses por mor da pandemia– comezan a abrir de novo as súas portas, non para abrilas a novos espectáculos, senón para auxiliar manifestantes contra a brutalidade policial que precisan auga, usar un baño ou cargar os seus teléfonos. Algúns incrementan a oferta ofrecendo aperitivos, tampóns, terminais informáticos e mesmo exhibindo videos de obras teatrais.

Despois da morte de George Floyd a mans da policía, as protestas encheron as rúas do país durante case unha semana e moitas institucións culturais buscaron formas de mostrar a súa solidariedade cos manifestantes. Unha campaña en redes sociais –Open Your Lobby– que chamaba a abrir os teatros da cidade de Nova York para axudar activistas que precisasen un respiro parece inspirarse na iniciativa do New York Theatre Workshop, que foi o primeiro en mostrar a súa solidariedade coas persoas que “loitaban pola xustiza racial”.

Open Your Lobby está animando aos teatros doutras cidades a unirse. Á hora de escribir estas liñas, acababa de inscribirse o teatro The Flight Deck de Oakland, California.


Publicidade

Máis de 400 teatros de todo o país –de Boston a Los Angeles e de Seattle a Honolulu– xa manifestaron a súa solidariedade ante a dor e a rabia xerada pola violencia exercida contra as persoas de raza negra, e comprométense a camiñar no futuro por vieiros máis equitativos.

Por outra banda, varias persoas de raza negra que traballan no teatro neoiorquino comparten en redes historias do racismo incrustado na industria. Moitos deles afirmaron escoitar unha linguaxe sutil ou abertamente racista de parte de persoas brancas que ostentan postos directivos en Broadway e describiron a súa frustración con produtores e propietarios de teatros que actualmente emiten mensaxes de solidariedade co movemento Black Lives Matter.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

donabarrigaverde02 |

As mostras de teatro de Cangas e Ribadavia celebraranse en xullo

Roi Fernández | SrPause

No confín de… Roi Fernández