in

No confín de… Roi Fernández

Roi Fernández | SrPause
Creador visual e transmedia. Roi Fernández é codirector de Artesa_Cía xunto á actriz Laura Villaverde. O último espectáculo da compañía, Illas Desertas, nace no marco das Residencias Paraíso 2018 do Colectivo RPM. Fernández ultima os detalles do seu próximo filme: Ursúas, un conglomerado de historias arredor do Camiño de Santiago, cunha mestura de estilos e formatos que van desde o documental á ficción pasando polas artes plásticas e a integración social.

 

O libro que tes sobre a mesa de noite.

Nestes días comparten mesa Teoría general de la basura e Nocilla Lab, dúas obras de Agustín Fernández Mallo, xunto con La Aventura Artántica del Endurance de F.A.Worsley e os ensaios cortos Sobre el dibujo de John Berger. Como bo amante da deriva, gústame saltar dun libro a outro con barra libre de estilos e xéneros.

A túa banda sonora destes días.

No “escoitado recentemente” do Spotify están Terry Riley, Black Rebel Motorcycle Club, o grande Xoán-Xil López, Los Saicos e a miña dose tanguera con Cucuza Castiello e o Sexteto Fantasma.

O último filme que te impresionou.

Pois ultimamente volvín ver dúas pelis que me encantan: Zama da arxentina Lucrecia Martel, todo un manual de adaptación fílmica dun texto a través do son e da evocación visual (outro filme de Martel flipante a nivel sonoro é La Ciénaga); e As mil e uma noites: Vol. 1, O inquieto da triloxía do portugués Miguel Gomes, que admiro pola maneira de entender a mestura de xéneros no cinema, coa que me identifico.

A obra de arte na que te perderías agora.


Publicidade

Gustaría perderme nas delicadas complexidades dunha instalación de Neil Beloufa ou de Sarah Sze. Tamén me encantaría ter as chaves do museo Leopold de Viena, onde está a colección do meu heroe do trazo, Egon Schiele, e facerlle unha visita con nocturnidade e aleivosía.

A peza á que che gustaría dar forma.

Sen dúbida algunha, darlle a forma axeitada ao proxecto transmedia Ursúas, no que estou a traballar para completar a súa parte fílmica, e coa que levo dous anos de complexa travesía.

Unha figura histórica coa que compartir unha caña.

Pois, posiblemente, uns chatos cun personaxe da miña intrahistoria familiar: co meu bisavó “O Pernas”, un mariñeiro anarcosindicalista de Sada emigrado a Nova York hai cen anos. Teríalle moitas cousas que preguntar.

Se non foses director, serías…

Debuxante de novelas gráficas. Aínda non sei por que me afastei desa vocación!

Avatar

Ernesto Is

(Xixón, 1988) É dramaturgo, narrador oral e docente. Premio Abrente (ex aequo) con 'Fendas' e Premio Rafael Dieste con 'Despois das ondas'. Foi seleccionado polo INAEM no Programa Dramaturgias Actuales ('El hombre que soñaba con elefantes en las estrellas'), no grupo de escrita teatral DramaturXA do CDG ('Onde veñen morrer as baleas') e na bolsa Nuevas Dramaturgias de Euskadi ('Canciones amarillas para flores tristes'). Cofundador da compañía Feira do Leste, coa que estreou 'Exilio das moscas' e 'Tras Tannhäuser' (axudas á Creación Joven do INJUVE). Membro do consello de redacción da erregueté-Revista Galega de Teatro, colabora tamén coa Revista Grial e A Movida de Vigo.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

stage west theatre 1 |

Teatros dos Estados Unidos amosan a súa solidariedade co movemento Black Lives Matter

Carabela | Galeatro

A Rede Galega de Teatros e Auditorios recupera a actividade escénica