in , ,

As mostras de teatro de Cangas e Ribadavia celebraranse en xullo

donabarrigaverde02 |
As dúas grandes citas teatrais do verán galego celebraranse con restricións: serán edicións limitadas, moi vencelladas á rúa e cun marcado protagonismo do teatro galego, pola dificultade para mover elenco internacionais e como forma de apoio ás compañías do país.

 

A 37ª Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas celebrarase, finalmente, entre os días 9 e 18 de xullo. A Mostra, que tivo que ser aprazada uns días por mor da pandemia da Covid-19, terá un acento marcadamente galego, aínda que tamén contará con espectáculos procedentes doutros lugares do Estado e internacionais.

A Mostra reforzará as actuacións na rúa, ampliando os escenarios nos que terán lugar as actuacións, mais o Auditorio seguirá sendo o centro do festival, atendiendo ás normas de seguridade vixentes. A principal medida será a redución da asistencia presencial ás funcións celebradas no Auditorio Municipal, co obxectivo de respectar as medidas de distanciamento social.

Publicidade

Outras seccións habituais da Mostra tamén terán continuidade na edición de 2020. Así, as Xornadas Mulleres en Acción celebran unha data moi especial, acadando os 20 anos de traxectoria. Trátase dunha aposta única no seu momento e decidida da MITCFC a prol da paridade e denuncia das discriminacións laborais e de xénero que sofren as mulleres de calquera ámbito social. A XX edición de Mulleres en Acción contará coa participación de persoas con recoñecida traxectoria feminista, artística e profesional.

De igual xeito, o Torneo de Dramaturxia de Galicia, pioneiro en Galicia e que este ano chega á súa cuarta edición, contribuíndo a crear un nexo directo entre autoras/es e público. O programa completarase cos habituais encontros, charlas e coloquios.

Está previsto que a Mostra faga público o programa completo a próxima semana.

 

Pola súa parte, a 36ª edición da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia celebrarase entre o 17 e o 27 de xullo, tamén desta vez, moito máis centrada no teatro do estado español, especialmente no galego, a través de estreas, coproducións e residencias artísticas. Tamén recollerá actividades relacionadas con diversos ámbitos do sector escénico, para axudar tamén á recuperación social e cultural.

O feito de que auditorio do Castelo –escenario principal da Mostra– sexa ao aire libre facilitará a aplicación das medidas sanitarias que se esixan nese momento e o benestar do público, ademais de reforzar as actividades nas prazas e o programa SputMIT, con actividades no ámbito natural e por todo o Concello.

O programa Ruadavia, de teatro de rúa, estará reforzado igualmente e a parte internacional queda reducida á mínima expresión este ano por motivo da pandemia, pero a MIT seguirá conectada e traballando xa de cara ao futuro con proxectos tamén cara o exterior para seguir sendo unha plataforma de proxección internacional do teatro galego.

Nos próximos días coñecerase a imaxe desta 36ª edición e o programa completo darase a coñecer a finais do mes de xuño, nunha presentación que tamén será retransmitida en directo a través das canles oficiais do festival.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Xurxo Couto

A Deputación da Coruña abre un novo prazo para a solicitude de espectáculos da Rede Cultural

stage west theatre 1 |

Teatros dos Estados Unidos amosan a súa solidariedade co movemento Black Lives Matter