in

Faleceu o mestre Eimuntas Nekrosius

IdiotasNekrosius |

O director lituano Eimuntas Nekrošius (Pažobris, 1952), un dos máis famosos directores de teatro internacional, morreu subitamente na noite pasada nunha clínica de Vilnius, onde foi hospitalizado no seu retorno dunha viaxe ao exterior. O director tería cumprido mañá 66 anos.

Logo de graduarse no Instituto Lunacharski de Moscú, foi durante anos o director do Teatro da Mocidade de Vilnius. Cando, en 1984, como novo director, realizou a súa primeira xira internacional co espectáculo Pirosmani, Pirosmani, recibiu o recoñecemento da crítica e o público internacionais. Xunto cos actores da compañía Meno Fortas, estudio-teatro que fundou en 1998 en Vilnius, xirou extensivamente por todo o mundo, amosando a súa persoal visión do teatro. Arthur Miller referíase a el como “unha especie de xenio”.

No seu teatro, a enerxía física e a química que promovía no escenario entre os actores servían de marco a un tratamento da palabra marcado por un profundo traballo expresivo, por enigmáticos retiros introspectivos e por unha carga na comunicación humana que lle daban o seu particular selo ás súas montaxes. Nekrosius procuraba traducir para a escena o que de especificamente teatral tiñan os textos que abordaba para, como dicía el, “revelar o que está escondido”. A dramaturxia organizábase nunha lectura metafórica que reducía a masa textual para, paradoxalmente, ampliar o sentido.


Publicidade

O seu traballo foi recoñecido internacionalmente con galardóns tan relevantes como o Premio UBU, o Premio Europa de Teatro (Novas Realidades), o Premio K.S. Stanislavskij ou o Premio Herder.

Nekrosius estivo coa súa montaxe Un artista da fame na MIT de Ribadavia de 2017 e os seus espectáculos puideron verse no Porto en varias ocasións: As tres irmás de Chekhov, Macbeth e Otelo de Shakespeare ou Idiotas [na foto], baseado na novela de Dostoievski, entre outras.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

RosaliaDeCastro |

XXII Memorial Ibán Toxeiro na Coruña

xornadas teatro cangas2 |

IV Xornada de Teatro é Saúde Mental en Cangas