in

Rolda Internacional: 28 / 06 / 2018

billyElliot

A Ópera de Budapest suspende o musical ‘Billy Elliot’ tras unha campaña homófoba que asegura que a obra ‘incita á homosexualidade’ aos mozos. A campaña foi iniciada por un medio de comunicación próximo ao goberno de Viktor Orbán.

A Ópera de Budapest, non obstante, desmente que as funcións fosen canceladas pola campaña mediática, e atribúe a suspensión ao descenso do interese entre o público. No seu web aínda se poden adquirir entradas para o espectáculo nos días vindeiros.

A nova no Diario de Notícias

PUBLICIDADE

 

Un documentario sobre Rudolf Nureyev descobre 16 minutos de metraxe inédita. A maioría das imaxes amosan obras modernas creadas con coreógrafos como Martha Graham. O filme Nureyev: All The World His Stage será estreado en setembro. Nel, hai secuencias de danza contemporánea coreografiadas por Russell Maliphant, que contan a historia onde non hai ningún material de arquivo.

A nova no Guardian

PUBLICIDADE

 

‘At home in Gaza and London’ é un proxecto no que artistas de Londres e Gaza actúan simultaneamente en directo no intento de conectar persoas que viven baixo bloqueo en Gaza. O proxecto explora tácticas de supervivencia e impulsos creativos mentres que ao tempo “celebran,a través da innovación tecnolóxica, o lanzamento temporal dun espazo de traballo, un espazo de xogo, sen fronteiras”.

Os artistas utilizarán a proxección de vídeo como pano de fondo para simular camiñar entre as casas e as rúas, e interactuar coma se estivesen na mesma sala.

Este é o web do proxecto:

http://athomeingazaandlondon.com/


 

O pasado día 10 de xuño entregáronse os Premios Tony, os meirandes galardóns do teatro dos USA. O musical The Band’s Visit foi o gran gañador dunha noite chea de referencias políticas e de críticas á administración Trump. Aquí podedes ver a lista completa de premiados:

https://www.tonyawards.com/en_US/nominees/winners.html


 

Unha exposición organizada pola Bibliothèque nationale de France e a Opéra National de Paris explora as diferentes facetas da relación de Picasso coa danza, entre a vida da troupe e a investigación creativa, entre belas artes e entretemento en vivo. Do 19 de xuño ao 16 de setembro de 2018 no Palais Garnier.

A danza sempre foi parte da vida do pintor, pero esta paixón desenvólvese plenamente cando, na década de 1910, comezou a colaborar cos Ballets Russes de Serge Diaghilev, nos que foi introducido por Jean Cocteau. É tamén no seo deste grupo que atopará a súa futura esposa Olga Khokhlova. Participará nunha ducia de producións de ballet como decorador e deseñador de vestiario. A frecuencia de todos estes contactos inspirará tamén moitos debuxos.

Máis información


 

Dende o día 22 e ata o próximo 6 de xullo, desenvólvese o festival Montpellier Danse, unha das principais citas europeas da danza contemporánea. Este ano, con figuras como Anne Teresa De Keersmaeker, Akram Khan, Trisha Brown, Sylvain Huc ou o Nederlands Dans Theater. Máis información na páxina oficial do festival:

Montpellier Danse

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará

GIPHY App Key not set. Please check settings

    PatriciaDeLorenzo2

    Patricia de Lorenzo intervén n’O Teatriño da Fundación Luís Seoane da Coruña

    BarrigaVerdeLibro1

    Presentación en Lalín do libro sobre Barriga Verde, ‘Sen medo ao demo’, de Comba Campoi